Urbanismo e territorio


 

NORMATIVA UBANÍSTICA VIXENTE

Aprobado definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal deste Concello, mediante Orde da Consellería de Medio Ambitente, Territorio e Infraestruturas de data 28 de febreriro de de 2012, e para dar cumprimento ó establecido nos artigos 92.2 da Lei 9/2002 de 30 de decembro, modificada pola Lei 15/2004 do 29 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 70.2 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases de réxime local; procésese á publicación da normativa e ordenanzas contidas no mencionado PXOM.


  • Atención ao Público

    Venres de 10 a 14 horas
    Cita previa: 988 483 001
    Arquitecto: Roi Feijoo
  • Planeamento e Xestión

    Asesoramento técnico.
    Informacións urbanísticas.
    Información planeamento urbanístico
  • Trámites urbanísticos

    Informes urbanísticos
    Solicitude de devolución de aval
    Licenza de obra nova
    MÁIS
  • P.X.O.M.

    A reestruturación funcional de tecido urbano, realizada dun xeito integrador, tendo en consideración...
    MÁIS

-   APROBACIÓN DIFNITIVA 28/02/2012
-   PUBLICACIÓN D.O.G.A. APROBACIÓN DEFINITIVA - 16/03/2012
-   PUBLICACIÓN B.O.P. APROBACIÓN DEFINITIVA - 24/03/2012
-   NORMATIVA 24/03/2012
-   IMAXES DA PRESENTACIÓN DO P.X.O.M.


O departamento de urbanismo encárgase da tramitación administrativa da actividade urbanística, en concreto da contratación administrativa.
- Asesoramento en materia urbanística.
- Soilcitude de informes ubanísticos.
- Solicitude de licencias de cerramentos.
- Solicitude e tramitación de licencias de obras maiores e menores.
- Tramitación de expedientes de apertura de establecementos e actividades molestas, insalubres, nocivas...
- Solicitude e tramitación de prórrogas de licencias de obras.
- Solicitude e tramitación de información urbanística.
- Colaboración na tramitación de plans urbanísticos.

 

Criterios de actuación:

Reestructuración funcional do tecido urbán.
Equilibrar urbanísticamente as diferentes áreas do municipio.
Impedir a invasión indiscriminada do territorio.
Completar a trama urbana dos núcleos existentes, mellorando a súa funcionalidade.
Mellorar a multifuncionalidade e superposición dos usos no tecido urbán, eliminando os restos de usos industriales antigos no interiordos núcleos residenciais, eevitando no futuro este problema mediante o cambio de uso de parcelas de uso industrial no edificadas, enclavadas no núcleo residencial.

Consideración da importancia do medio rural:

Manter e fortalecer o actual sistema de núcleos.
Conservar a parroquia como institución básica da convivencia rural.
Potenciar as actividades agropecuarias e forestais. Conservación ambiental:
Conservación do paisaxe natural e dos seus compoñentes individualizados e recursos hídricos (acuíferos, cursos fluviais, masas forestales, paisaxes...)
Conservación  e  recuperación  do  patrimonio arquitectónico, cultural e ambiental. O estudio pormenorizado establece detalladamente este obxetivo en relación co patrimonio arquitectónico e cultural.
Conseguir para uso público, áreas de interés natural que pasen a constituir o sistema xeral de espacios libres do municipio.