GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS


Competencias

A comisión especial de contas é un órgano de existencia obrigatoria en entidades locais, cuxa misión é o exame, estudo e informe de todas as contas, orzamentarias e extraxudiciais, que deben ser aprobadas polo Pleno da Corporación.

As contas anuais deberán someterse, antes do 1 de xuño, ao informe desta comisión e a auditoría externa das contas e a xestión económica das entidades locais corresponde ao Tribunal de Contas.

 

Creación e composición

Á vista do preceptuado nos artigos 20.1.c) da LRBRL e do artigo 68 da Lei da Administración Local de Galicia, e ademáis preceptos concordantes, a Presidencia propón a non creación de comisións de estudo, informe ou consulta, xa que estas son potestativas nos concellos de menos de 5.000 habitantes, propoñendo a creación dunha única comisión; a COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS (de existencia preceptiva en todos os concellos).

Así, e seguindo o estipulado nos artigos 66 e 67 da Lei da Administración Pública de Galicia proponse a creación dunha comisión especial de Contas coa seguinte composición:

Presidencia

  • Don Avelino Luis de Franciaco Martínez (PP)

Integrantes

  • Dona José Víctor González Vázquez (PP)
  • Don Aberto Dantas Míguez (PSOE)