GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Saúdo do alcalde


Benvidos e benvidas á web oficial do Concello

Ao acceder a esta páxina, estades entrando na porta dixital do Concello de Cortegada. Esta web é a nosa carta de presentación: a do Goberno municipal, a miña como alcalde, das concelleiras e concelleiros, e dos grupos que conforman a Corporación.

 

Aquí atoparedes información sobre os programas e proxectos que estamos a desenvolver, os servizos que ofrecemos á cidadanía, e as actividades que teñen lugar no noso concello. Tamén podedes consultar novas de actualidade relacionadas coa vida municipal.

 

Pero esta web non está pensada só para informar. Tamén queremos que sexa unha canle áxil e útil para relacionarse coa Administración local. A través da sección de Administración electrónica, podedes realizar trámites e xestións en liña, consultar o calendario do contribuínte, ver os avisos e anuncios oficiais, ou acceder ás ofertas de emprego público.

 

Ademais, poñemos á vosa disposición canles directas para solicitar información, ou para transmitir queixas, suxestións ou incidencias, que serán atendidas co compromiso de mellora continua que guía a nosa acción de goberno.

 

Esta web nace como un servizo á cidadanía, como un espazo de encontro e comunicación entre todas as persoas que formamos parte do Concello e quen accededes a ela. Sabemos que unha administración moderna debe estar á altura dunha sociedade cada vez máis dixital, máis esixente e máis participativa.

 

Por eso, apostamos pola transparencia, a proximidade e a vocación de servizo público. Esta ferramenta é un paso máis nesa dirección.

 

Moitas grazas por visitarnos. Seguimos traballando, día a día, por e para Cortegada.

 


Alcaldes de Cortegada. Dende as eleccións municipais de 1979

 

  • - Enrique Carpintero Araujo, 1979 - 2007
  • - Avelino Luis de Francisco Martínez, 2007 - Actualidade