GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Cortegada sostible


 

RECOLLIDA SELECTIVA

[ACCEDER]

 

RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS

[ACCEDER]

 

RECOLLIDA DE ACEITE USADO

[ACCEDER]

 

 

RECOLLIDA DE ROUPA

[ACCEDER]

 

MINIPUNTOS LIMPOS

[ACCEDER]

 

PUNTO LIMPO

[ACCEDER]

 

Xestión de Residuos

O compromiso co medio ambiente comeza cunha boa xestión dos residuos. Desde o Concello, traballamos para ofrecer un servizo eficiente, accesible e respectuoso coa contorna, que facilite á cidadanía o cumprimento das súas responsabilidades ambientais.

 

Que facemos?

- Recollida selectiva
Coordinamos a recollida de residuos nas súas distintas fraccións: orgánica, envases, papel e cartón, vidro e resto. Apostamos por mellorar continuamente a cobertura e eficiencia do servizo.

- Puntos limpos
Dispoñemos de puntos limpos fixos e móbiles para a recollida de residuos especiais como electrodomésticos, pilas, aceites, pinturas, aparellos electrónicos e outros materiais contaminantes.

- Campañas de sensibilización
Promovemos a reciclaxe e a correcta separación de residuos a través de campañas informativas, talleres, charlas e materiais educativos dirixidos a distintos colectivos.

- Prevención e redución
Fomentamos a redución do uso de plásticos, o consumo responsable e a reutilización de materiais a través de iniciativas como mercadillos de segunda man, talleres de reparación e programas de compostaxe doméstica.

 

¿CÓMO PODES COLABORAR?

  • - Separa correctamente os teus residuos en casa.
    - Utiliza os contedores adecuados.
    - Deposita os residuos especiais nos puntos limpos.
    - Participa nas nosas actividades e talleres sobre reciclaxe e sustentabilidade.

    Coidar a nosa contorna é unha tarefa compartida. Con pequenos xestos diarios, contribuímos a manter limpo o noso municipio e a protexer o planeta.

     

    Para máis información, incidencias ou suxestións, contacta connosco a través do correo electrónico concello.cortegada@eidolocal.es ou chama ao 988 483 001