O Pleno
O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal, e está constituído polo Alcalde e os Concelleiros. O Alcalde é quen convoca e preside estas sesións. As atribucións deste órgano, son as que di o artigo 22 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, que literalmente di:
- A periocidade das sesións son: o último xóves dos meses de Xaneiro, Abril, Xullo e Outubro ás 13:15 horas.
Corresponden, en todo caso, ao Pleno municipal nos Concellos, e á Asemblea veciñal no réxime de Concello Aberto, as seguintes atribucións:
a). O control e a fiscalización dos órganos de goberno.
b). Os acordos relativos á participación en organizacións supramunicipais; alteración do termo municipal; creación ou supresión de municipios e das entidades a que se refire o artigo 45; creación de órganos desconcentrados; alteración da capitalidade do municipio e o cambio de nome deste ou daquelas entidades e a adopción ou modificación da súa bandeira, insignia ou escudo.
c). A aprobación inicial do plan xeral e a aprobación que poña fin á tramitación municipal dos plans e demais instrumentos de ordenación previstos na lexislación urbanística, así como os convenios que teñan por obxecto a alteración de calquera dos devanditos instrumentos.
d). A aprobación do regulamento orgánico e das ordenanzas.
e). A determinación dos recursos propios de carácter tributario; a aprobación e modificación dos orzamentos, e a disposición de gastos en materia da súa competencia e a aprobación das contas; todo iso de acordo co disposto na Lei Reguladora das Facendas Locais.
f). A aprobación das formas de xestión dos servizos e dos expedientes de municipalización.
g). A aceptación da delegación de competencias feita por outras Administracións públicas.
h). A formulación de conflitos de competencias a outras entidades locais e demais Administracións públicas.
i). A aprobación do persoal e da relación de postos de traballo, a fixación da contía das retribucións complementarias fixas e periódicas dos funcionarios e o número e réxime do persoal eventual.
j). O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da corporación en materias de competencia plenaria.
k). A declaración de lesividad dos actos do Concello.
l). A alteración da cualificación xurídica dos bens de dominio público.
m). A concertación das operacións de crédito cuxa contía acumulada, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por cento dos recursos ordinarios do Orzamento -salvo as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior- todo iso de conformidade co disposto na Lei Reguladora das Facendas Locais.
n). (Derrogada).
o). A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos nos orzamentos.
p). (Derrogada).
q). Aqueloutras que deban corresponder ao Pleno por esixir a súa aprobación unha maioría especial.
r). As demais que expresamente lle confiran as leis.
Corresponde, igualmente, ao Pleno a votación sobre a moción de censura ao Alcalde e sobre a cuestión de confianza exposta polo mesmo, que serán públicas e realizaranse mediante chamamento nominal en todo caso, e réxense polo disposto na lexislación electoral xeneral.
O Pleno pode delegar o exercicio das súas atribucións no Alcalde e na Xunta de Goberno Local, salvo as enunciadas no apartado primerio, parágrafos a), b), c), d), e), f), g), h), i), l) e q), e no apartado segundo deste artigo.
O Pleno do Concello de Cortegada, ten todas as atribucións excepto as que corresponden coas letras j), k), m) e o) que están delegadas na Xunta de Goberno Local.
