Grupos políticos municipais
A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, dedica o seu Capítulo V a regular o Estatuto dos membros das corporacións locais. Igualmente, a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia fala dos grupos municipais no Capítulo III, sección novena do Título I.
O día 28 de maio de 2023 celebráronse as eleccións municipais. Posteriormente, o 17 de xuño do mesmo ano, tivo lugar a sesión constitutiva da Corporación Municipal do Concello de Cortegada, en sesión plenaria extraordinaria, na cal se procedeu á elección do alcalde. Como resultado, a Corporación quedou formada por 9 concelleiros e concelleiras, sendo elixido alcalde Avelino Luis de Francisco Martínez, do Partido Popular.
A Corporación Municipal de Cortegada para o mandato 2023-2027 está composta por 9 membros, distribuídos en dous grupos municipais.
Concelleiros

Avelino Luis de Francisco Martínez
(PP)

José Víctor González Vázquez
(PP)

Begoña Estévez Fernández
(PP)

Diego Sotelo Álvarez
(PP)

Cesar Salgado Gardón
(PP)

María Teresa Francisco Fernández
(PP)

Emilio José Rodríguez Losada
(PP)

Sandra Domínguez Domínguez
(PP)

Alberto Dantas Míguez
(PSdeG PSOE)
