Parroquias

Cortegada divídese en sete parroquias (Cortegada, Louredo, Meréns, San Bieito, Refoxos, Valongo e Zaparín) que contan, á súa vez, con diferentes lugares.

O Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Ourense, estableceu a toponimia oficial de Cortegada.

 

CORTEGADA - SANTA MARÍA
Extención Habitantes Núcleos de poboación Reportaxe fotográfica
2,5 Km² 494 Cortegada Ver reportaxe

Cortegada é unha das vilas termais máis importantes de Galicia, dado a calidade das súas coñecidas augas. Delimita coas parroquias de San Bieito, Refoxos e Valongo. Cunha extensión de 2,5 Km².

LOUREDO - SAN XOÁN
Extención Habitantes Núcleos de poboación Reportaxe fotográfica
231,51 Ha 123 Louredo Ver reportaxe

Esta aldea de Louredo procede dun castro celta, localizado no Monte Chanduzal, máis tarde romanizado. Aquí hai unha inscultura de máis de 70.000 anos de antigüidade, coñecida como o coto da Ferradura. Tamén tivo Louredo castelo pertencente ó Rei Alfonso IX, do cal non quedan restos, dise que coas pedras do castelo fixéronse as casas alí existentes.

MERÉNS - SAN CIBRAO
Extención Habitantes Nucleos de poboación Reportaxe fotográfica
1,9 Km² 67 Meréns Ver reportaxe

Situada o norte do municipio delimitada polas parroquias de Cortegada, San Bieito e Louredo ten unha extensión de 1,9 Km. Nos anos prósperos da idade moderna construíuse o Pazo dos Condes de Ximonde, aquí atópase o escudo heráldico máis grande de Galicia.

RABIÑO - SAN BIEITO
Extención Habitantes Núcleos de poboación Reportaxe fotográfica

2,7 Km²

 

 

 

 

 

176

 

 

 

 

 

Os Antóns

Os Muiños

Rabiño

Seixomil

Soutelo

Vao

Ver reportaxe

 

 

 

 

 

Parroquia delimitada por Cortegada, Louredo, Refoxos e Meréns ten unha extensión de 2,7 Km. Posúe un dos maiores priorados do mosteiro de San Bieito do Rabiño é un dos santuarios máis coñecidos de Galicia, o templo data do século XVI, logo reconstruído de modo que actualmente ten seis tramos e dúas capelas de cruceiro. Conserva as bóvedas e elementos artísticos anteriores; a nave ten unha cúpula artesonada sobre arcos que arrancan sobre grosas columnas cilíndricas.

REFOXOS - SAN BREIXO
Extención Habitantes Núcleos de poboación Reportaxe fotográfica

8,1 Km²

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

131

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aldea de souto

Casares da Virxe

Casares de Refoxos

Encoutada

Muradelle

A Pereira

A Pousa

O Pousadoiro

Refoxos

O Regueiro

Vilavaerde

Vilela

Ver reportaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Delimitada polas parroquias de Cortegada, Louredo, Valongo e Zaparín ten unha extensión de 8,1 Km . Posúe un dos maiores priorados do mosteiro de Celanova. Destaca un cruceiro do século XV e ademais unha igrexa reformada que conserva a casa prioral.

VALONGO - SAN MARTIÑO
Extención Habitantes Núcleos de poboación Reportaxe fotográfica

8,2 Km²

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

317

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Abelenda

Adecolada

O Casal

Casaldalvaro

Lerirado

O Pazo

Outeiral

Peralba

Pontetrado

Sa de Arriba

Sa de Abaixo

Outeiral

Vilanova da Barca

Ver reportaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Atópase delimitada polas parroquias de Refoxos e Cortegada, ten unha extensión de 8,2 Km2. Destaca nesta parroquia a Igrexa de San Martiño de construción barroca da metade do século XVIII.

ZAPARÍN - SAN MARTIÑO
Extención Habitantes Núcleos de poboación Reportaxe fotográfica

222,69 Ha

 

 

 

 

 

31

 

 

 

 

 

Cerdeiral

Fondevila

Piñon

A Torre

A Raiña

Zaparín

Ver reportaxe

 

 

 

 

 

No surleste do municipio, nel encóntrase o punto máis alto de Cortegada no Alto da Sardiñeira (550 m). Nesta parroquia atópase unha ara romana que recorda que esta é unha zona influenciada polos mesmos. O nome de Zaparín significa escavación subterránea, dado que nestas terras existían minas adicadas á extracción de estaño.