Termalismo

 

Cortegada, vila ligada ao termalismo durante séculos

O Club Termal e o Balneario de Cortegada dispón, posiblemente, da mellor oferta termal e balnearia na actualidade para poder gozar de todo un universo de sensacións pracenteiras de benestar, relax e lecer saudable. O Club Termal consta de tres piscinas termolúdicas: Piscina dinámica, concibida para relaxar e recuperar corpo e mente mediante un circuíto de chorros que inclúe pescozos de cisne e fervenzas para descontracturar e relaxar cervicais, ombreiros, e todas as costas. Río contracorriente tonificante para as pernas. Chorros subacuaticos para articulacións de pernas (nocellos, xeonllos , cadeiras). Chorro subacuatico reductor para abdome, gluteos e region lumbar. E para terminar tonificantes e relaxantes géiseres combinados de auga e burbullas e bancada de burbullas.

Piscina jacuzzi, con asentos de burbullas e chorros de auga para reflexoloxía en pés, chorros a presión e unhas potente cabinas de masaxe de burbullas.

Piscina de camas de burbullas para obter unha profunda relaxación xeral.

Ademais dispón dunha área de contrastes e vapor co exótico baño turco e a terma romana, a tradicional sauna finlandesa e a nova sala de frio para os afeccionados ás sensacións mais fortes ademais de duchas pulverizadas de aromas e bitérmicas.

Completan a oferta as áreas de relax camas térmicas e hamacas e unha impresionante terraza con vistas natureza que lle dá un toque único de distinción e exclusividade.

 

BALNEARIO DE CORTEGADA - CLUB TERMAL
 

Dirección

Balneario de Cortegada

Praza Fundación Balneario, 1

32200 Cortegada

 

Contacta

Tel: 988 483 276 - 671 036 843

Fax: 988 483 276

@: balneariodecortegada@tesal.com

PÁXINA WEB