GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Concello emprendedor


 

O Concello de Cortegada ven de recibir o Certificado de Concello Emprendedor como resultado do cumprimento do Protocolo entre a Xunta e a Fegamp para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a iniciativa ”Concellos Doing Business Galicia”

 

A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia regula a iniciativa galega de concellos emprendedores co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, con plenas garantías de sustentabilidade económica e con redución das barreiras normativas e administrativas.

 

Esta iniciativa desenvólvese desde o exercicio 2017, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Para adherirse, os concellos deben comprometerse a proporcionarlles ás empresas e ás persoas emprendedoras as seguintes vantaxes:

 

    Máis incentivos fiscais: bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.

     

    Máis simplificación administrativa: concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñan da documentación completa e de todos os informes sectoriais preceptivos.

     

    Máis facilidades de acceso a solo industrial: bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no seu municipio.

     

A Xunta de Galicia establecerá unha discriminación positiva nas ordes de axudas, que se convocan en réxime de concorrencia competitiva: