Taxas do Servizo Municipal de Augas
O Servizo Municipal de Augas garante a subministración de auga potable e o saneamento no municipio, asegurando calidade, eficiencia e sustentabilidade na xestión do recurso hídrico.
TAXAS E TARIFAS
As taxas aplicadas corresponden aos seguintes conceptos
- Consumo de auga potable: Tarifa baseada no volume de auga consumida.
- Canon de Auga da Xunta de Galicia: Imposto destinado a actuacións en materia de abastecemento, saneamento...
- Cota de servizo: Importe fixo por dispoñibilidade da subministración.
- Outros servizos: Enganches, cortes, reconexiones e certificacións.
As tarifas establécense conforme á normativa vixente e poden variar segundo o tipo de usuario (doméstico, comercial ou industrial).
Facturación e Pago
O pago das taxas realízase de forma trimestal a través de diferentes modalidades:
- Domiciliación bancaria.
- Pago online na web do Concello.
- Presencialmente nas oficinas municipais.
Para máis información sobre tarifas e bonificacións, consulta a ordenanza fiscal vixente ou contacta co Servizo Municipal de Augas no teléfono 988 483 001 ou ben presencialmente nas oficinas municipais.
CUOTA MENSUAL: 1 €
TRAMOS:
Consumo ata 10 m3 / mes: 0,25 / m3
Consumo ata 11 a 20 m3 / mes: 0,30 / m3
Consumo ata 21 a 40 m3 / mes: 0,40 / m3
Consumo ata 41 a 60 m3 / mes: 0,50 / m3
Máis de 60 m3 / mes: 0,70 / m3

