GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

PARROQUIA DE RABIÑO


San Bieito do Rabiño ten unha superficie total de 339,65 hectáreas, e conta cun total de 7 entidades de poboaciónAntóns, Eirexa, Os Muiños, Seixomil, Soutelo, Rabiño e Vao.

 

Festividade parroquial: 21 de marzo e 11 de xullo San Bieito.

 

Desta parroquia destacamos
  – Igrexa de San Bieito
  – Humilladoiro

  – Pazo de Seixomil

  – Núcleo singular Seixomil


O Santuario de San Bieito

Famoso pola romaría que se celebra na honra ao Santo o 21 de marzo e o 11 de xullo que congregan a multitude de fieis de todas partes do municipio, mesmo de todos os recunchos de Galicia, xa que se lle atribúen varios milagres. Esta romaría constitúe unha das tradicións máis arraigadas no municipio de Cortegada.

 

Templo barroco de planta de cruz latina do século XVII que era coñecido como San Benito de Arnoia. Estaba emprazado nos terreos pertencentes ao Mosteiro de Celanova e segundo o Catastro do Marqués da Enseada, a zona chamábase "Coto dá Vestiaria"

 

Na parte traseira destaca o "Humilladoiro" do século XVI cun cruceiro no seu interior, solo habendo dous en Galicia. Templete barroco que sempre foi utilizado para deixar exvotos e ofrendas das peregrinacións ao templo pero tamén o peregrinos que se derixian a Santiago de Compostela.

 

Máis

Imaxes

 

Cortegada Vila Termal

A Vila Termal de Cortegada era tamén coñecida como Cortegada de Baños, debido ás súas augas termais. Estamos situados nun precioso val xunto ao río Miño, na comarca do Ribeiro na provincia de Ourense.

Máis

Historia

A gastronomía de CORTEGADA caracterízase pola súa variada cociña tradicional e popular elaborada con produtos procedentes dos nosos ríos e campos, conservando a esenza culinaria tradicional, e que foi trasladándose ao longo dos anos dunhas xeracións a outras. Carne de xabarín, coello con arroz , Peixes como as troitas, e todo elo co bo viño do Ribeiro.

Máis