GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

SAÚDA DO ALCALDE


Amigas e amigos:


Estades na web municipal. Cando accededes a esta páxina estades entrando no Concello de Cortegada. É a tarxeta de presentación do Goberno municipal, de min, como alcalde, das concelleiras e concelleiros, e dos grupos que configuran a Corporación. Nela están definidos os programas que se están desenvolvendo e os proxectos nos que participa a vila. Enumera os servizos que ofrece o Concello á cidadanía, e informa das actividades que se desenvolven e das novas relacionadas coa a actividade municipal.


Pero non só é unha páxina pensada para informar. Tamén está pensada para facilitar a relación da cidadanía coa Administración local. A través do apartado de Administración electrónica podes realizar distintas xestións e tramitacións en liña. E consultar o calendario do contribuínte, os avisos e anuncios do concello, ou as ofertas de emprego público. Tamén podes contactar con nós para solicitar información, ou comunicarnos as túas queixas, suxestións e/ou incidencias.

Pensamos esta web como un servizo á cidadanía. Como un espazo de encontro, de interrelación, entre as persoas que dende o Concello traballamos para todos os veciños e veciñas e aquelas que acceden á web. Somos conscientes de que a Administración debe estar á altura dunha sociedade cada vez máis avanzada a nivel tecnolóxico, e que, dende a transparencia e dende a vocación de servizo público, ferramentas como esta páxina son necesarias e imprescindibles.

Avelino Luis de Francisco Martínez
Alcalde de Cortegada