Compostaxe
Animamos ás veciñas e veciños do Concello Cortegada a que soliciten á Deputación Provincial de Ourense un composteiro gratuíto. O seu uso permitiralle solicitar a TARIFA REDUCIDA POR REALIZACIÓN DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA (30% de redución na taxa do lixo): 55,95€ anual.
Para conseguir o seu composteiro deben solicitalo na oficinas municipais ou na Deputación, cubrindo e enviando o formulario. (Descargar tríptico informátivo)
1. Tarifa reducida 1 → 55,95 €ano (30% de desconto) por realizar compostaxe doméstica.
OUTROS BENEFÍCIOS
2. Tarifa reducida 2 → 71,94 € ano (10% de desconto) por usar o punto limpo en polo menos 3 ocasións ao ano, presentando o comprobante de entrega do residuo.
3. Tarifa reducida 3 → 47,96 € ano (40% de desconto) por realizar compostaxe doméstica e usar o punto limpo 3 veces ao ano con comprobante.
A compostaxe é unha forma sinxela e natural de transformar os restos orgánicos en abono de alta calidade para xardíns e hortos. Apostar pola compostaxe é reducir a cantidade de residuos que xeramos e devolver á terra o que é seu.
Requisitos para participar:
- Ter a túa primeira residencia no Concello de Cortegada.
- Non ter participado en campañas anteriores de entrega de composteiros.
- Ter como mínimo 50m2 de horta ou xardín.
- Comprometerse a estar presente na túa vivenda durante as visitas previstas na campaña.
- Na primeira, farase entrega do composteiro e do manual de uso.
MATERIAIS A DEPOSITAR NO COMPOSTEIRO
Para obter un compost de calidade, o mellor é empregar diferentes materiais, tendo en conta que, cuanto máis triturados estean, maior será a rapidez da súa descomposición e fermentación.
Que podes compostar?
✔️ Restos de comida: froitas e verduras, casca de ovo, arroces e pasta cocida, pan, peixe e carne de forma moderada.
✔️ Pousos de café, té e infusións.
✔️ Cinzas e serrín de madeira non tratada.
✔️ Papel, cartón, xornais.
✔️ Restos de poda, raíces, follas, céspede e material de xardín.
✔️ Restos de colleita do horto, sen pesticidas ou fitosanitarios.
✔️Esterco de animais herbívoros.
✔️Po e pelo do aspirador, fibras naturais, pelos, fragmentos de teas naturais, plumas.
Que non debes compostar?
❌ Aceites vexetais e minerais.
❌ Restos de plantas enfermas ou con pesticidas, insecticidas, etc.
❌ Madeira tratada con pinturas, vernices, etc.
❌ Produtos lácteos.
❌ Follas de piñeiro ou eucalipto.
❌ Excrementos humanos ou de animais domésticos carnívoros (cans, gatos...)
❌ Medicamentos.
❌ Cueiros refugables.
❌ Papel de cor brillantes, impreso con tinta de cor ou plastificado.
❌ Obxectos duros, pedras, vidro, metal, plástico, envases, baterías...
É necesario conseguir unha mestura cunha humidade, temperatura e osixenación óptimas, capaz de manter o equilibrio entre:
• Materiais frescos e húmidos (froitas, verduras, céspede...) que achegan humidade.
• Materiais secos (follas secas, ramas, cartón, cinza, serrín...) que favorecen a aireación e osixenación da mestura.

