Solicitude de informe urbanístico
O procedemento "solicitude de certificdo ou informe urbanístico" ten por obxecto regular a obtención de información acerca da situación urbanística dunha parcela, inmoble ou edificio, así como sobre a posibilidade de instalación dunha actividade determinada nun local ou dependencia dun inmoble.
A quen está dirixido
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter información sobre o réxime urbanístico de aplicación a un inmoble, unidade de actuación, ou sector.
Como facelo
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación requerida
Solicitude. En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo (ver modelo). No caso de presentación en liña, non é necesario achegar o documento de identidade do presentador (nin do interesado no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
Plano de situación. Plano de situación da cartografía municipal, marcando o contorno da parcela ou vivenda obxecto da información urbanística, tamén vale ficha catastral.
Licenza de edificación. Copia da licenza de edificación, ou de ser o caso, xustificante da antigüidade desta, se a información solicitada refírese a actuacións en edificacións, ou a posibles.
Dossier fotográfico. Incluír fotografías nos seguintes casos: Edificios ou parcelas na zona monumental, edificios ou parcelas suxeitas a protección e parcelas nas que existan edificacións.
Normativa aplicable
Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

