SIA847304 - Solicitude de Licenza ou Autorización Urbanística


   Aberto todo o ano

 

Obxecto

Abrangue os seguintes tipos de obra:
a) Obras de sustitución: son aquelas nas que se derriba unha edificación existente e no seu lugar se constrúe unha nova.
b) Obras de nova planta: son aquelas mediante as cales se edifica unha parcela libre de edificación.
c) Obras especiais: son aquelas obras de características particulares que só se poden realizar no caso de que sexan esixidas pola propia normativa aplicable; establécense tres grupos:
1. Obras de reconstrución: son as que teñen por obxecto a reposición mediante nova construción dun edificio preexistente no mesmo lugar e posición, total ou parcialmente desaparecido, reproducindo fielmente as súas características morfolóxicas. Só se considera este tipo de obras en edificios sometidos a algún réxime de protección que as esixa, quedan exentas do cumprimento das condicións de nova planta que as imposibiliten, aínda que non das de seguridade.
2. Obras de desmontado traslado e reedificación.
3. Obras de recuperación tipolóxica: son aquelas obras de nova edificación que deben realizarse de acordo cun modelo tipolóxico preestablecido polo planeamento. Estas obras virán impostas na normativa correspondente, segundo casos específicos.

SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. Prema para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

   Descargar solicitude

   Procesamento electrónico

 

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO TODO O ANO

Documentación para a presentación

1a.- Datos identificativos do solicitante:
Persoas físicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces). (do solicitante e do representante)
Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente adevandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Persoas xurídicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula asúa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica deque se trate.
Comunidade de Propietarios:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do presidente. No caso de que a solicitude a realice o administrador daComunidade, DNI do administrador e documento que acredite debidamente a súa representación (autorizaciónexpresa, poder notarial ou declaración responsable).
Ademais acta do nomeamento do presidente ou acta da reunión de propietarios acordando a realización das obras.


Documentación complementaria

Coa solicitude inicial deberase achegar a seguinte documentación:

1 - Taxa de autoliquidación por concesión de licenzas e outros servizos urbanísticos

2 - Proxecto técnico
Redactado por técnico competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código Técnico da Edificación e no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas.

Se achega proxecto básico e execución (ademais da documentación anterior). No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional, so deberá aportar o código.

  • - Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións
    redactado polo técnico competente de acordo co RD.lei 1/1998 (no caso de edificios con división horizontal). (1 copia)
  • - Estudo de Seguridade e Saúde
    segundo R.d. 1627/1997 redactado polo técnico competente.
  • - Proxecto técnico da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria
    redactado por técnico competente.
  • - Oficio da dirección da execución da obra
  • - Estudio de xestión de residuos
    segundo R.d. 105/2008.

 

Se a edificación ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade. No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional, unicamente deberá aportar o código.

  • - Proxecto técnico da actividade e das instalacións
    (ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente, co contido establecido no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas.
  • - Declaración expresa
    Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
  • - Autorización,o informe ou a declaración ambiental que proceda
  • - Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
    xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
Resolución:

Prazo:

TRES MESES

Sentido do silencio:

NEGATIVO


Procedementos e servizos relacionados