Obxectos perdidos

Trámite aberto todo o ano
- Na oficina municipal de obxectos perdidos xestionada polo Concello de Cortegada, custódianse diversos obxectos procedentes de achados ocorridos tanto na vía pública como nas instalacións de diversos organismos públicos ou privados.
A quen está dirixido
- Persoas físicas, interesado principal ou representantes que desexen solicitar información sobre obxectos perdidos á Oficina de Obxectos Perdidos do Concello de Cortegada.
Como facelo
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Recepción do obxecto nas dependencias municiapais
Se algunha persoa atopa un obxecto perdido, o pode entregar de forma persoal nas oficinas do Concello.
Se así o desexa pode identificarse (DNI, teléfono, e-mail,…), a efectos de poder recuperar o obxecto transcorridos 2 anos desde a data na cal se entrega o mesmo, podendo solicitar un recibín do obxecto entregado en custodia.
Recollida dos obxectos
- - Deberá identificarse sempre mediante DNI ou documento identificativo válido.
- - Cando o obxecto non sexa da súa titularidade, deberá estar autorizado, por escrito, pola persoa titular.
- - Deberá indicar o número de referencia asociado ao obxecto perdido.
- - No caso de obxectos de valor como xoiería, informática, etc. será necesario a presentación da factura de compra.
- - Para os teléfonos móbiles será necesario presentar a caixa ou a factura onde apareza reflectido o nº IMEI.
- - Se superado o tempo de dous anos (a contar tras a finalización da publicación no Taboleiro de Edictos Municipal) ningunha persoa acreditase a propiedade do obxecto, o concello daralle o fin regulamentario que establece a lexislación vixente, é dicir, a adxudicación da cousa achada ou o seu valor a quen a achase.
HORARIO DE ENTREGA: Luns a vernes de 09:00 a 13:30 horas.
Entrega de obxectos perdios á persoa que os atopou
Para a retirada dos obxectos perdidos será necesario o seguinte:
- - DNI ou pasaporte da persoa que o atopou e o correspondente recibín, de telo solicitado no seu día.
Tamén pode retiralo unha persoa autorizada presentando o seu DNI ou pasaporte en vigor, ademais da autorización escrita da persoa que atopou o obxecto e fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor deste.
A persoa que atopa o obxecto non se devolverá todo aquilo que conteña información persoal como DNI’s, permisos e licenzas de conducción e demais documentos, así como aparellos electrónicos que sexan susceptibles de gardar a mencionada información e non sexa posible a súa eliminación de forma irrecuperable (teléfonos móbiles). Si devolveranse os ordenadores despois de eliminar de forma irrecuperable todo o seu contido.
Normativa
> Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
> Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
> Lei orgánica 4/2001, do 12 de novembro, reguladora do dereito de petición

