Rexistro Municipal de Asociacións
O Concello de Cortegada conta cun Rexistro Municipal de Asociacións, destinado a coñecer e apoiar as entidades asociativas do municipio e facilitar a súa participación na vida municipal.
Poden inscribirse as asociacións legalmente constituídas e sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade en Cortegada e representen intereses xerais ou sectoriais da veciñanza.
A quen está dirixido
- Calquera persoa física ou xurídica que desexe rexistrar unha asociación no correspondente rexistro municipal.
Requisitos
- Calquera asociación ou entidade sen ánimo de lucro legalmente constituída e que teña o seu ámbito de actividade dentro do Municipio de Cortegada.
€ Prezo / Custo
Ningún
Órgano que resolve
Alcaldía
Documentación
Instancia de solicitude de inscrición.
Acta constitutiva da asociación.
Estatutos ou regulamento da entidade, debidamente aprobados.
Certificado do Rexistro Xeral de Asociacións, no que conste o número de inscrición.
CIF da asociación.
Certificado da composición da Xunta Directiva, indicando nome, apelidos e DNI das persoas que ocupan os cargos.
Certificado do número de socios/as no momento da solicitude.
Orzamento e programa de actividades correspondente ao ano en curso.
Se a documentación estivese incompleta, o Concello concederá un prazo de 10 días para emendala.
Unha vez inscrita
As asociacións deberán manter actualizados os seus datos e, antes do 31 de marzo de cada ano, presentar:
Orzamento e programa anual de actividades.
Memoria das actividades realizadas no ano anterior.
Número de socios/as a 31 de decembro.
Certificación das modificacións producidas na asociación.

