Concello emprendedor

 

O Concello de Cortegada ven de recibir o Certificado de Concello Emprendedor como resultado do cumprimento do Protocolo entre a Xunta e a Fegamp para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a iniciativa ” Concellos Doing Business Galicia”


Entre os requisitos estaban a aprobación dunha bonificación de ata o 95% no IBI, ICIO, e no IAE, e a non suxeción ás taxas urbanísticas e de apertura de establecementos para a creación dunha nova actividade industrial ou empresarial.


A contraprestación será unha discriminación positiva en canto ás subvencións en réxime de concorrencia competitiva para os Concellos, como o de Cambados, que obteñan este recoñecemento. Ademáis da creación dunha marca territorial a través da Oficina Doing Business que vai supoñer unha redución nas cargas administrativas ás empresas.

Esta iniciativa, enmarcada dentro da nova Lei de implantación empresarial, ten como obxectivo contribuír á captación de investimentos para a nosa Comunidade.

Para ser Concello Emprendedor é preciso comprometerse a achegarlles ás empresas e aos/ás emprendedores/as:

Máis simplificación administrativa: bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.

  • Máis facilidades de acceso a solo industrial: concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñen de todos os informes.
  • Máis incentivos fiscais: bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no seu municipio.

A cambio, a Xunta de Galicia dará prioridade aos Concellos Emprendedores en ordes de axudas que se convocan en réxime de concorrencia competitiva para impulsar o emprego, o emprendemento, o comercio local ou proxectos relacionados coa Industria 4.0. En concreto, inclúe un criterio específico no que o baremo de puntuación supoña, polo menos, o 20 % do total.