Plan Municipal Antifraude

A aprobación deste Plan de Medidas Antifraude conleva o establecemento dun marco de integridade e transparencia que consolide os valores éticos da administración e de todos os seus integrantes. En consecuencia, e conforme ao disposto na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, este Plan busca o reforzo dos mecanismos de integridade para a prevención, detección, corrección e persecución da fraude, a corrupción e os conflitos de interese.
A combinación dunha avaliación periódica dos riscos de fraude, corrupción e conflito de interese, a implementación de medidas adecuadas respecto das catro fases do ciclo antifraude e o fomento dunha cultura de integridade no exercicio das funcións públicas, atenuará os riscos vinculados e consolidarase unha importante ferramenta disuasoria de malas prácticas e condutas irregulares. Por tanto, este marco de integridade institucional inclúe códigos de conduta e boas prácticas, accións de difusión e formación, canles de comunicación e procesos de seguimento e avaliación.
O Plan de Medidas Antifraude do Concello de Cortegada terá unha duración indefinida, podendo revisarse e actualizarse de forma periódica dada a súa configuración flexible e o seu carácter vivo, na medida en que se poida modificar a normativa e instrucións que lle sexan de aplicación e conforme á execución das actuacións nel expostas.
O ámbito de aplicación do Plan de Medidas Antifraude, conforme ao establecido na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, é o Concello de Cortegada, nos procedementos de contratación pública ou xestión de fondos públicos provenientes do MRR.
A aplicación das medidas especificadas neste Plan de Medidas Antifraude son imperativas as persoas que teñan a condición de empregados públicos ou traballadores por conta allea, aos cargos electos, ao persoal directivo e ao persoal eventual ao servizo do Concello de Cortegada.
