Domiciliacións
É o xeito máis doado e cómodo de estar ao corrente das súas obrigas fiscais sen ter que estar pendente dos prazos de pagamento ou de recibir o aviso. Aforrará desprazamentos e evitará a posibilidade de recargas por pagamentos fóra de prazo.
A quen está dirixido
Aqueles obrigados ao pago dun tributo de cobro periódico por recibo.
Presencialmente
Cubrindo o impreso de orden de domiciliacións de pago e entregándoo, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Cando a conta designada para o cargo dos recibos non sexa de titularidade do obrigado ao pago, o titular da conta debe autorizar expresamente a domiciliación.
Este impreso deberá presentarse polo menos dous meses antes do inicio do período voluntario de pago. Con posterioridade a este prazo a domiciliación terá efectos para o ano seguinte e sucesivos.
TRAMITAR
Por Internet
Dende a Sede electrónica ten acceso a tódolos seus recibos e pode facer a modificación da domiciliación de forma sinxela indicando o número de conta e titular onde quere facer a domiciliación. Debe facer a domiciliación antes da data fixada polo servizo de recaudación para cada tributo para que a domiciliación sexa efectiva nese ano; se non quedará operativo no seguinte ano e sucesivos.
TRAMITAR
Documentación requirida
Orde de domiciación asinada polo obrigado ao pago (titular do recibo) ou polo titular da conta si é distinto do obrigado ao pago.
Fotocopia da conta no que figure como titular
Só no cado de facer o trámite presencialmente
Observacións
As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, en tanto non sexan anuladas polo interesado, rexeitadas pola Entidade de depósito ou a Administración dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas. A domiciliación será efectiva no seguinte periódo de cobro.