GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

PLAN MADRUGA


     

    A finalidade do Servizo Plan Madruga é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, permitindo os pais e ás nais que inician  a súa xornada laboral en horario anterior ao inicio das actividades lectivas do CEIP Otero Novas de Cortegada, deixar aos seus fillos no recinto escolar con profesionales que se farán cargo do seu cuidado e atención ata o comenzo das clases.

    O servizo está aberto a todos os nenos e nenas escolarizados no CEIP Otero Novas de Cortegada e esta financiando pola Deputación Provincial de Ourense, a trevés do programa BenOurense Infancia.

     

    Desenvólvese nas instalación do CEIP Otero Novas,  durante o curso escolar; tódolos días lectivos, de 08:00 a 10:10 horas.

    Lévanse a cabo actividades relacionadas con áreas lúdicas e socioculturais, non indispensables para a consecución dos obxectivos curriculares, que facilitan o desenvolvemento persoal e social dos nenos.

     

    O Plan Madruga do concello de Cortegada diferencia duas opcións:

     

    OPCIÓN 1. OPCIÓN “FIXO MENSUAL”
    O primeiro requisito será cumplimentar unha solicitude de reserva de praza.
    A matrícula deberá formalizarse no mes de agosto, aportando os seguintes documentos: xustificante de escolaridade no CEIP Otero Novas.
    O solicitante usará o servizo durante tódolos días lectivos do curso escolar, facendo a correspondente matrícula antes do inicio.

    1. OPCIÓN 2. OPCIÓN “ESPORÁDICO”
      O solicitante non é obrigatorio que realice a matrícula antes do inicio do curso escolar.
      Neste caso o pai, nai ou titor legal pode facer uso do servizo, no suposto de que por circunstancias eventuais precise deixar ao neno ou nena ao coidado do servizo do Plan Madruga.
      Este suposto será posible sempre e cando haxa prazas baleiras no grupo.
      Neste caso débese solicitar perante o concello a lo menos un día antes e sempre estará condicionado a autorización expresa. Se esto non fose posible, deberá solicitar á empresa xestora autorización expresa, que, tendo en conta o aforo máximo, comunicará si é posible ou non a prestación do servizo.