GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

AXUDAS A NATALIDADE


 

A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico a aquelas familias nas que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar, para contribuír a atender as necesidades extraordinarias que sobreveñen. E unha axuda económica para as familias destinada a colaborar cos gastos derivados do nacemento, adopción ou garda con fins adoptivos dun neno/a.

Tamén se trata de incentivar o asentamento da poboación no noso concello.

 

Serán beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases:
1. Os proxenitores, xa sexan casados, solteiros, parellas de feito ou familias monoparentais que tivesen descendencia no ano nos anos 2020 ou 2021 (desde o 29 de maio de 2022 ata o 29 de agosto de 2022) sempre que cumpran os demais requisitos esixidos para o seu recoñecemento. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será aquel que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.


2. Os adoptantes ou acolledores de nenos de ata 3 anos que obtivesen a resolución xudicial no ano 2020 ou 2021, sempre que cumpran os demais requisitos esixidos para o seu recoñecemento.


Se os solicitantes fosen estranxeiros, poderán solicitar a axuda os que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.


En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.

 

Requisitos para obter a subvención

- Ser español ou estranxeiro con residencia legal en España.
- Será requisito imprescindible para o recoñecemento da subvención que os beneficiarios residan no municipio con carácter definitivo e acreditado neste Concello (polo menos un dos dous proxenitores, no caso de casados ou parellas de feito coas que convivan -o que deberá acreditarse debidamenteou, no caso de familias monoparentais. Enténdese por familia monoparental a formada pola nai ou polo pai que convive co fillo ou filla e constitúe osustentador único da familia e acreditarase mediante a documentación do xulgado sobre pensión de alimentos ou exercicio de accións legais para a obtención desta, sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais).
- Os beneficiarios deberán acharse ao corrente nas obrigas tributarias con Facenda do Estado, da Xunta de Galicia, coa Seguridade Social e co Concello de Cortegada, cuestión esta última que será comprobada de oficio.
- Que os nenos convivan co solicitante no Concello de Cortegada.
- Que o Concello de Cortegada sexa o primeiro empadroamento.
Cada neno/a nacido/a ou adoptado/a dará dereito a unha única subvención a favor dun dos solicitantes, proxenitores do menor.