Bases convocatoria contratación laboral temporal

 

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRES PEÓNS DE SERVIZOS MÚLTIPLES. PROGRAMA PROVINCIAL DE EMPREGABILIDADE ANO 2021.

 

O obxecto da presente convocatoria é a contratación de TRES (3) PEÓNS DE SERVIZOS MÚLTIPLES durante 5 meses segundo as bases reguladoras do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio 2021, aprobadas pola Corporación provincial en sesión de 30 de outubro de 2020 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, nº 288, de 16 de decembro de 2020. 
A xornada de traballo será a tempo parcial (75% da xornada) que se realizará de luns a domingo cos descansos establecidos na lei.

As funcións que se asinan ao posto de traballo son as seguintes:
-       Limpeza viaria.
-       Limpeza de sumidoiros e rede sumidoiros.
-       Acondicionamento e mantemento de xardíns e zonas verdes.
-       Traballos de albanalería e pequenas obras públicas.
-       Traballos de desbroces e revalorización de espazos públicos
-       Calquera outro acto de natureza similar non relacionado que sexa ordenado pola autoridade municipal.

 

Nota.-

Debido o incidente de seguridade do que é obxecto o SEPE, os meritos do apartado b.2 poderanse acreditar mediante declaración responsable do solicitante.

Este dato será obxecto de verificación por parte do Concello.