O viño do Ribeiro


 

O NOSO VIÑO DO RIBIEIRO

É unha das denominacións de orixe mais antigas existentes en españa. A nosa zona de producción atópase na zoa occidental da provincia de Ourense, sendo a producción de viños blancos e tintos a mais abundante.

 

ADEGAS DO CONCELLO
 
ADEGA BEATRIZ - MUÑIZ HERMIDA

 

Razón Social: Rodríguez González, Beatriz
Dirección: Lg. Abelenda - Valongo
Ayuntamiento: 32213 Cortegada
E-mail: adegabeatriz@gmail.com
Web: adegabeatriz.wixsite.com/adegabeatriz

Web: enlace web
Teléfono: 616 074 613 / 670 503 793
Persona de contacto: Beatriz Rodríguez González
Persona de contacto: José Antonio Muñiz Hermida

CHEGAR

 

 
ADEGA VAL DO DEVA - MESÓN VAL DO DEVA

 

Razón Social: Rivera Vázquez, Pilar
Dirección: Valongo - A Decolada
Ayuntamiento: 32200 Cortegada
E-mail: angelesmonterorivera@hotmail.com
Teléfono: 629605870
Persona de contacto: Ángeles Montero Rivera. Gerente

CHEGAR

 


A Denominación de Orixe Ribeiro sitúase en Galicia, no borde noroccidental da provincia de Ourense e nas confluencias dos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia. Unha comarca a 45 km. do océano Atlántico, nunha zona moi particular e de excelente aptitude para o cultivo da vide. Cunha extensión aproximada de 2.500 hectáreas, a zona de produción dos viños protexidos pola denominación de orixe Ribeiro abarca os concellos de Ribadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle, Beade, Punxín e Cortegada; as parroquias de Banga, Cabanelas e O Barón, no concello de O Carballiño; as parroquias de Pazos de Arenteiro, Albarellos, Laxas, Cameixa e Moldes no concello de Boborás; os lugares de Santa Cruz de Arrabaldo e Untes no concello de Ourense, e do concello de Toén os lugares de Puga, A Eirexa de Puga, O Olivar, o pobo de Feá e Celeirón e a parroquia de Alongos; e o lugar de A Touza do concello de San Amaro.

 

O cultivo do viñedo foi historicamente a principal fonte de riqueza da comarca. Non se coñece con certeza cal foi a orixen das variedades autóctonas do Ribeiro, pero si se sabe por testemuño de Estrabón, que na segunda metade do século II antes de Cristo xa se elaboraba viño en Ribeiro. Algo que tamén se evidencia no descubrimento de lagares que datan desaépoca. No século III, no Ribeiro xa se disporía dun complexo varietal relativamente ben axustado ás súas condicións ecoclimáticas.

 

Posteriormente, as invasións xermánicas supuxeron un forte retroceso na historia da viticultura na comarca, aínda que o cultivo da vide non desapareceu. Tras esta etapa, na Alta Idade Media volveu a rexurdir con forza o cultivo da vide no Ribeiro, constituindo un dos principais cultivos ás portas do ano mil. Durante esta etapa, os máis importantes centros eclesiásticos galegos asentaron no Ribeiro granxas e priorados para prover de viño do Ribeiro ás adegas das súas sés principais. Os mosteiros foron os grandes impulsores do viñedo, incentivando a súa plantación por medio de contratos forais. O mesmo ocorre con importantes familias aristocráticas, grandes e medianos propietarios, que amosaron interese por adquirir viñedos no Ribeiro no século XI.

 

Uns dos principais impulsores da recuperación da vide nol Ribeiro foron os monxes beneditinos e cistercienses do mosteiro de San Clodio, aínda que as variedades autóctonas xa existían antes. O abade do monasterio, Pelagio González (século XII), indica no seu testamento a gran labor de reimplantación do viñedo e presume da gran calidade dos viños do Ribeiro que, ao amparo do Camiño de Santiago, chegan a Europa da man de comerciantes locais e tamén de ingleses, holandeses, asturianos e vascos. Así como de comerciantes xudeus, que deixaron en Ribadavia o seu gran legado histórico e monumental. É preciso citar aos monxes do mosteiro de Oseira e Melón, fundados polo císter, quenes desenvolveron a viticultura do Ribeiro.

 

Dos séculos XII e XIII datan os documentos nos que os monxes de Oseira asinaron contratos con distintos propietarios de terreos no Ribeiro para a plantación de viñedo. Así como os de Celanova, San Martiño Pinario e os Cabildos das catedrais de Santiago, Lugo e Ourense, cuxos monxes se desprazaron ás zonas do Ribeiro. Alí dispoñían de grandes viñedos e xestionaron numerosas granxas e priorados que se dedicaban ao cultivo da vide.

 

O florecente comercio e o aprecio polos viños do Ribeiro quedan reflectidos na aprobación dun decreto no que figuran os prezos dos víveres que se comercializaban en Santiago de Compostela en 1.133. Entre eles, detállase o viño Ribeiro como o máis caro de cantos se vendían na poboación. Uns séculos máis tarde os ingleses converteríanse nos principais clientes para o produto fóra da península.

A comarca do Ribeiro foi pouco afectada pola invasión musulmana polo que tivo unha continuada progresión no cultivo do viñedo dende a época romana ata o seu máximo esplendor nos séculos XV e XVI. Séculos nos que o viño se converteu nunha das maiores riquezas do Ribeiro, cultivándose e elaborándose con grande intensidade, gozaba de gran prestixio, exportándose por toda España e Europa a Francia, Portugal, Italia e especialmente a Gran Bretaña. Transportábase principalmente en carruaxes para o embarque nos portos. O de Pontevedra foi o principal porto para o seu transporte marítimo, xunto cos de Vigo, Baiona e A Coruña. Dende estos portos, salía en dirección ao Golfo de Vizcaya, chegando a Bretaña, Flandes e, principalmente, Inglaterra. Pero os Ribeiros aínda chegaron máis lonxe.

 

Os viños da comarca tamén navegaron nos barcos que levaron aos primeiros colonos a América, sendo uns dos primeiros degustados no Novo Mundo. En 1592 xa temos constancia documental do embarque en Ferrol con destino a América de 127 pipas de viño Ribeiro a 190 reais. E descobren América acompañando na súa primeira expedición a Cristóbal Colón.

 

Paralelo ao intenso fluxo económico empeza a xurdir o comercio fraudulento. Para garantir a calidade e protexer o produto, en 1579 as ordenanzas municipais de Ribadavia especificaban zonas de cultivo e aspectos relacionados coa produción do viño e a súa comercialización, para tratar de evitar a adulteración do viño e a picaresca que pretendía facer pasar por Ribeiro outros produtos de cuestionable procedencia. Ditas ordenanzas son consideradas como un precedente dos regulamentos das actuais denominacións de orixe. De feito, a OMPI (Organización Mundial de la Propiedad Intelectual) recoñéceas coma os primeiros indicios de protección dunhaa indicación xeográfica no dereito español.

Durante todo o século XVI e a primeira metade do XVII, o Ribeiro gozaba dun comercio floreciente e cultural. Cervantes nomea en varias das súas novelas o viño de Ribeiro. Foi unha das maiores riquezas de Galicia, ata que as pragas de procedencia americana asolaron a comarca durante o século XIX. En 1853 chegou o oidium; a segunda praga, en 1886, foi o mildium; e a terceira, a partir de 1890, apareceu a filoxera. Foi entón cando se fixo preciso inxertar as vides en pés americanos, o que propiciou a introdución de variedades foráneas, máis resistentes e produtivas, en detrimento das variedades autóctonas.

 

Actualmente, o Ribeiro volve ás súas orixes con forza apostando polas uvas locais, recuperando e creando novas prantacións mediante programas de reconversión e reestruturación de viñedo. Ademais, nas últimas décadas incorporáronse novas adegas que, xunto cos avances tecnolóxicos, ten como obxectivo a busca da calidade e a máxima expresión das variedades autóctonas.

Unha denominación de orixe que defende a paisaxe e territorio como a expresión da súa historia cultural do viño.