SIA847304 - Solicitude de Certificado ou Informe Urbanístico

Obxecto
Poderanse formular consultas por escrito relativas á situación urbanística dunha determinada parcela, soar, inmoble ou local, así como dos actos ou usos do solo o subsolo permitidos e do procedemento de tramitación aplicable para a actuación de que se trate.
A consulta será contestada nun prazo máximo de dous meses, unha vez presentada no rexistro a solicitude.
No caso da certificación urbanística, o informe técnico é certificado pola/o secretaria/o da Xerencia Municipal de Urbanismo.
SOLICITUDE PRESENCIAL | TRAMITAR EN LIÑA |
Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. | Prema para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede. |
Prazo
Prazo de presentación: ABERTO TODO O ANO
Documentación para a presentación
1a.- Datos identificativos do solicitante:
Persoas físicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces). (do solicitante e do representante)
Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente adevandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Persoas xurídicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula asúa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica deque se trate.
Comunidade de Propietarios:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do presidente. No caso de que a solicitude a realice o administrador daComunidade, DNI do administrador e documento que acredite debidamente a súa representación (autorizaciónexpresa, poder notarial ou declaración responsable).
Ademais acta do nomeamento do presidente ou acta da reunión de propietarios acordando a realización das obras.
Documentación complementaria
Coa solicitude inicial deberase achegar a seguinte documentación:
1b.- Taxa de autoliquidación por concesión de licenzas e outros servizos urbanísticos
1c.- Plano de localización sobre cartografía oficial Din A-3, Escala 1/2000 no que se reflicte a posición exacta da parcela.
Resolución:
Prazo:
15 DÍAS
Sentido do silencio:
NEGATIVO