SIA847361 - Solicitude de Alta, Baixa ou Modificación de Datos no Rexistro de Animais
Obxecto
O procedemento de "rexistro de animais perigosos" pretende regular a identificación e rexistro dos animais considerados potencialmente perigosos, segundo o recollido no Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos.
A quen vai dirixido
Calquera persoa física ou xurídica que desexe rexistrar un animal considerado como potencialmente perigoso.
-
SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello. Prema para para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Documentación
Solicitude de rexistro de animais perigosos.
Licenza de tenza de animais perigosos. Copia da licenza en vigor de tenza de animais perigosos.
Seguro de responsabilidade civil. Documento acreditativo da formalización dun seguro de responsabilidade civil, no que se especifique claramente o importe da cobertura. Este seguro deberase renovar anualmente.
Certificado sanitario. Certificado sanitario, expedido por un veterinario colexiado, que acredite con periodicidade anual a situación sanitaria do animal, a inexistencia de enfermidades que o poidan facer potencialmente perigoso e a ausencia de lesións ou cicatrices que puidesen estar relacionadas coa utilización do animal en pelexas ou outras actividades prohibidas.
Certificado de implantación de microchip. Copia do certificado acreditativo da implantación dun microchip, no que figure o código identificador do animal, asignado polo veterinario responsable.
Libro sanitario. Copia do libro sanitario actualizado cos tratamentos preceptivos e preventivos propios da especie e idade do animal. No libro sanitario figurará a clasificación do animal como potencialmente perigoso.
Datos do centro de adestramento (opcional). Datos relativos ao adestramento recibido, proporcionados polo centro correspondente.
Resolución:
Prazo:
TRES MESES
Sentido do silencio:
NEGATIVO

