SIA847265 - Solicitude de axudas por nacemento/adopción de fillo/a


   Aberto ata 20/11/2023

 

Obxecto

A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico a aquelas familias nas que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar, para contribuír a atender as necesidades extraordinarias que sobreveñen.Tamén se trata de incentivar o asentamento da poboación no noso concello.

 

A quen vai dirixido

1. Os proxenitores, xa sexan casados, solteiros, parellas de feito ou familias monoparentais que tivesen descendencia no ano nos anos 2020 ou 2021 (desde o 29 de maio de 2022 ata o 29 de agosto de 2022) sempre que cumpran os demais requisitos esixidos para o seu recoñecemento. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será aquel que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.


2. Os adoptantes ou acolledores de nenos de ata 3 anos que obtivesen a resolución xudicial no ano 2020 ou 2021, sempre que cumpran os demais requisitos esixidos para o seu recoñecemento.


Se os solicitantes fosen estranxeiros, poderán solicitar a axuda os que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.


En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.

 

Requisitos para obter a subvención

- Ser español ou estranxeiro con residencia legal en España.
- Será requisito imprescindible para o recoñecemento da subvención que os beneficiarios residan no municipio con carácter definitivo e acreditado neste Concello (polo menos un dos dous proxenitores, no caso de casados ou parellas de feito coas que convivan -o que deberá acreditarse debidamente- ou, no caso de familias monoparentais. Enténdese por familia monoparental a formada pola nai ou polo pai que convive co fillo ou filla e constitúe o sustentador único da familia e acreditarase mediante a documentación do xulgado sobre pensión de alimentos ou exercicio de accións legais para a obtención desta, sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais).
- Os beneficiarios deberán acharse ao corrente nas obrigas tributarias con Facenda do Estado, da Xunta de Galicia, coa Seguridade Social e co Concello de Cortegada, cuestión esta última que será comprobada de oficio.

- Que os nenos convivan co solicitante no Concello de Cortegada.
- Que o Concello de Cortegada sexa o primeiro empadroamento.
Cada neno/a nacido/a ou adoptado/a dará dereito a unha única subvención a favor dun dos solicitantes, proxenitores do menor.

 

DESCARGAR BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA

  • SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
    Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello. Prema para para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

        Descargar solicitude

       Procesamento electrónico

 

Documentación

1. Datos identificativos do solicitante:
Persoas físicas:
DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente adevandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Enténdese por membros da unidade familiar, aqueles maiores de idade que convivan co solicitante da axuda
Persoas xurídicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula asúa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica deque se trate.

2. Orixinal do libro de familia.

3 Nos supostos de adopción ou acollemento, ou titoría legal do menor, documentación compulsada acreditativa.

4. Certificado de empadroamento no que consten, no mesmo domicilio, a primeira alta dos recén nados ou a alta dos adoptados e a acreditación de que un dos proxenitores ou adoptantes residían en Cortegada con anterioridade ao nacemento ou formalización da adopción.

5. Certificación de atoparse ao corrente coas obrigas tributarias (Estatais e autonómicas) e coa Seguridade Social

6. Facturas xustificativas que cumpran os requisitos do Real Decreto Lexislativo 1619/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento que regula as obrigas de facturación. As facturas deberán cubrircomo mínimo o importe da axuda (300,00 €) e nas mesmas deberá constar que se atopan pagadas ou ben acreditarse o pago mediante xustificante bancario ou certificación do proveedor. Considéranse gastos subvencionables: gastos en produtos alimentarios, hixiénicos, de saúde, textil ou puericultura que cumpran os seguintes requisitos:

- Que sexan realizados en data posterior á do nacemento ou adopción do neno/a que motiva a subvención e sempre dentro do prazo máximo de subvención.

- Non serán subvencionables os gastos subvencionados ao abeiro das Bases Reguladoras da convocatoria de axudas por nacemento ou adopción de fillos no Concello de Cortegada, durante o exercicio 2017, 2018 e 2019

- Que a factura conste a nome da persoa beneficiaria da subvención

7. Certificado da conta bancaria na que se solicita o ingreso da axuda

8. Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso

9. Compromiso dos beneficiarios da axuda e do nado/a de permanecer empadroados no municipio durante polo menos un ano posterior á presentación da solicitude de axuda. (Anexo I)

10. Declaración xurada de que o beneficiario reside no Concello de Cortegada (Anexo I)

Resolución:

Prazo:

TRES MESES

Sentido do silencio:

NEGATIVO