SIA847377 - Reclamacións de Consumo


Aberto todo o ano

 

Obxecto

A actuación deste servizo iníciase cunha mediación coa empresa coa que vostede mantén unha controversia, co fin de allanar posicións de forma que se logre o resultado mais satisfactorio para ambas partes.

Igualmente, por imperativo legal, os establecementos deben ter á súa disposición un modelo específico de Folla de Reclamacións. Este instrumento facilita aos consumidores e usuarios a posibilidade de formular as súas reclamacións no propio establecemento onde se producen os feitos, sen que isto sexa obstáculo para presentar a reclamación nesta oficina.

Os temas máis tratados son relativos a prestación de servizos ou fabricación (garantías), incumprimento das condicións de venda, prezos, cláusulas abusivas, publicidade, aluguer de vivenda, compra de vivenda, comunidades de propietarios, tinturarías, talleres de reparación de automóbiles, Servizos de Asistencia Ténica (SAT), rebaixas, etc.

 

A quen vai dirixido

Consumidor e usuario final.

Consumidor: O que adquire un ben ou produto para o seu uso.

Usuario: O que contrata un servizo (auga, gas, teléfono, etc.)

  • SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
    Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello. Prema para para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

       Descargar solicitude

       Procesamento electrónico

 

Documentación
  • 1. Datos identificativos do solicitante:
    Persoas físicas:
    DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
    Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente adevandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Enténdese por membros da unidade familiar, aqueles maiores de idade que convivan co solicitante da axuda
    Persoas xurídicas:
    DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
    Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula asúa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica deque se trate.
  • Documentación Relacionada coa Reclamación
    Fotocopias. Deberán achegarse copia de tódolos xustificantes, (tikets de compra, facturas, etc.), contratos, folletos de publicidade, etc.
Resolución:

Prazo:

TRES MESES

Sentido do silencio:

NEGATIVO