SIA847376 - Solicitude de Modificación dos Datos do Padrón Municipal de Habitantes

Obxecto
O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para tódolos efectos administrativos
A quen vai dirixido
Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente.
Este trámite vai dirixido a aquelas persoas inscritas que queren actualizar os seus datos por cambio de domicilio dentro do mesmo municipio.
Observacións
Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.
O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.
A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.
-
SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. Prema para para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Documentación
Documento que acredite a identidade das persoas inscritas
Traer o documento ORIXINAL, e se é o caso, tamén o da persoa que autoriza novas inscricións nunha folla xa existente: - D.N.I. (imprescindíbel maiores de 14 anos) - Pasaporte - Tarxeta de estranxeiro - Libro de familia para os menores. - Para os menores procedentes do estranxeiro que no seu pasaporte non figuren os nomes dos pais, terán que aportar unha partida de nacemento ou libro de familia do seu país.
Documento que acredite a ocupación da vivenda
Traer o documento ORIXINAL (Escritura de propiedade, contrato arrendamento en vigor e último recibo pago, contrato o factura actual emitido pola compañía subministradora de auga, gas, electricidade, teléfono, etc.)
No caso de Cambio de Domicilio dun Menor
- Consultar na Oficina de Estatística
Prazo de resolución:
3 meses
Sentido do silencio:
Negativo