SIA847383 - Solicitude de Alta ou Renovación da Inscrición no Padrón Municipal de Habitantes


   Aberto todo o ano

 

Obxecto

Este trámite permítelles inscribirse no Padrón municipal de habitantes ás persoas que se trasladan a vivir a Cortegada procedentes doutro concello ou país.

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan as veciñas e os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen unha proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel.

Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ó ano.

 

A quen vai dirixido?

A persoa interesada maior de 16 anos ou quen posúa a súa representación legal.

  • SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
    Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. Prema para para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

       Descargar solicitude

       Procesamento electrónico

 

Documentación

Documentación xenérica

Formulario de solicitude de alta no Padrón municipal de habitantes por cambio de residencia debidamente cumprimentado.

Folla de inscrición padroal cuberta por todas as persoas maiores de idade que se inscriban (no caso de inscrición de persoas menores, asinan a nai, pai ou titora ou titor legal). No caso de que se incorporen novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado, terá que asinar na propia folla a autorización das novas inscricións algunha persoa maior de idade que xa figura inscrita nela.

Documento de identidade en vigor (orixinal e fotocopia) da persoa interesada: DNI, NIE, pasaporte ou tarxeta de residencia, segundo o caso

No caso de actuar a través de representante, documento que acredite a representación.

  •  
    Documentación específica para alta de menores de 16 anos
    •    - Libro de familia ou documento que acredite a tutela ou garda e custodia.
    •    - Copia do acordo regulador ou sentenza xudicial, no caso de separación ou divorcio.
    •    - Autorización do nai/pai/titora/titor, no caso de que a persoa menor de idade se empadroe no domicilio doutros familiares (avoas/avós ou tías/tíos).
    •    - Descargar declaración responsable
  •  
    Documentación relativa ó domicilio de alta, segundo sexa o caso

Vivenda ocupada

  •    - Autorización para residir na vivenda

Vivenda en alugamento

  •    - Contrato de alugamento ou último recibo de alugamento se o contrato se formalizou hai máis dun ano.
  •    - Último recibo de subministración de auga (*)
  •    - Última factura de subministración de luz.

Vivenda en propiedade

  •    - Escritura, contrato privado de compravenda ou recibo do IBI -imposto de bens inmobles- (contribución)(*).
  •    - Último recibo de subministración de auga (*)
  •    - Última factura de subministración de luz.

Vivenda en réxime de cesión

  •    - Autorización para residir na vivenda
  •    - Último recibo de subministración de auga (*)
  •    - Última factura de subministración de luz.

Pensión, hotel ou establecemento colectivo similar

  •    - Xustificante de inscrición no rexistro.

     (*) A presentación destes documentos é voluntaria, se ben contribúe a axilizar a tramitación do expediente.

 

Os documentos indicados a continuación deberán presentarse xunto con seu orixinal:

   - Documento de identificación de persoas estranxeiras

  •    - Documento de menores, no caso de tratarse de persoas estranxeiras
  •    - Libro de familia.
Prazo de resolución:

3 meses

 

Sentido do silencio:

Negativo