SIA847314 - Solicitude de Licenza de Actividade


   Aberto todo o ano

 

Obxecto

Este trámite permite realizar solicitudes para obter unha licenza de actividade clasificada ou unha licenza de actividade inocua.

 

A quen vai dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. Prema para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

   Descargar solicitude

   Procesamento electrónico

 

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO TODO O ANO

Documentación para a presentación

Datos identificativos do solicitante:
Persoas físicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente adevandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Persoas xurídicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula asúa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica deque se trate.
Reportaxe fotográfica do local
subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto.

Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación
Para o caso de edificacións en situación de fóra de ordenación.

Informe do illamento acústico conseguido no local
De acordo co disposto no artigo 11 do DECRETO 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, que deberá completarse co disposto no artigo 15 da Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións. Non será obrigatorio no caso que a persoa titular da actividade faga constar expresamente que actividade producirán un nivel sonoro igual ou inferior, en calquera horario, a 75 dB, excepto nas actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións que, en calquera caso, deberán achegar o certificado establecido no artigo 15 da dita ordenanza.

Se a actividade se somete ao procedemento previo de incidencia ambiental
Declaración de incidencia ambiental
Proxecto da obra ou actividade
(copia). Asinada por técnico/a competente.

Certificado de que o proxecto cumpre coa normativa técnica de aplicación
Certificado do técnico/a ou dos técnicos/as que autoricen o proxecto.

Resolución:

Prazo:

TRES MESES

Sentido do silencio:

NEGATIVO


Procedementos e servizos relacionados