Mellora do Sistema de abastecemento de Cortegada
No mes de novembro deron comenzo as obras de Mellora do Sistema de abastecemento de Cortegada, obra cofinanciada pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea a través dos fondos Feder.
A fin de garantizar a seguridade sanitaria dos usuarios do sistema e de garantir a dispoñiblidade do recurso, levaranse a cabo, entre outras, as seguintes accións: Instalación de sistemas de cloración nos depósitos de Cortellas e A Decolada. Instalación de sensores de nivel para a monitorización en tempo real do recurso almacenado en 4 depósitos: Cortellas, A Decolada, Carballal e Ollo de Boi. Instalación de contadores con lectura de pulsos . Instalación PLC para a lectura dos distintos valores e sistemas de telesupervisión mediante GSM-GPRS.