Bases convocatoria contratación brigadas de prevención e defensa de incendos forestais

 

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 TRABALLADORES PARA AS BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS PARA O CONCELLO DE CORTEGADA. ANO 2022 (OURENSE).

 

PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.

O obxecto das presentes bases é regular a contratación temporal para as brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais, no marco do Convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cortegada para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2022, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020; dos seguintes traballadores:


- 1 Xefe de brigada.
- 3 Peóns forestais, un deles coa condición de peón condutor.


O ámbito de actuación será o municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable o persoal das brigadas municipais integraranse desde o inicio da actividade, e durante todo o período de actuación, no dispositivo de emerxencias do distrito forestal, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais e conforme o Pladiga.


Os traballadores realizarán labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requeridos para a defensa destes, durante cada un dos meses de vixencia do contrato, con plena dispoñibilidade, incluíndo traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.


As labores a desenvolver consistirán na realización dos seguintes traballos:
-Intervención nos incendios forestais no ámbito municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable o persoal das brigadas municipais participará nas operacións de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellería competente en materia forestal cando así se decida por parte do mando único e conforme ao artigo 48.6 da citada Lei 3/2007.
-Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto aos traballos de prevención.
-Traballos de prevención, consistentes en actuacións manuais como rozas, rareos e eliminación posterior de restos. Estes traballos poderanse realizar en zonas mecanizables sempre que existan circunstancias que técnicamente o aconsellen.
-Mantemento das ferramentas e equipamento en perfecto estado de uso.