Ruta btt 2018
2018 - Domingo 27 de maio
2ª RUTA BTT VILA DE CORTEGADA
Concello de Cortegada
Cartel ruta
Descargar
- Formato - PDF -
- 1,9 MG
-
Plano ubicacións
Descargar
- Formato - PDF -
- 534 KB
-
Formulario de inscrición
Descargar
- Formato - PDF -
- 251KB
![]() |
Localización GPS aparcamento (google maps) | Acceder á ubicación |
PERCORRIDO
Vaise realizar sobre dous tramos circulares de 34,00 e 27,00 quilómetros.
Ruta
Saída rúa Fermín Bouza Brey Cortegada - Vilanova - Pontetrado - Vilaverde - Zaparín - Louredo - Meréns - Vao - A Barca - Cortegada. Distancia: 34,000 qms.
Desnivel acumulado subindo: 900 m.
Desnivel acumulado baixando: 940 m.
Alternativa
Saída rúa Fermín Bouza Brey Cortegada - Vilanova - Pontetrado - Vilaverde - Aldea de Souto - Refoxos - San Benito - Vao - A Barca - Cortegada. Distancia: 27,000 qms.
Desnivel acumulado subindo: 743 m.
Desnivel acumulado baixando: 763 m.
Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización. O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
O perfil da proba pode considerarse de dificultade Media/alta.
Avituallamentos líquidos e sólidos.
INSCRICIÓN:
Presencial nas oficinas do Concello de Cortegada.
Por mail ou fax:
Realizar o ingreso do importe da inscrición (10 €) na conta ES38 0030 6073 2308 7000 0271 do Banco Santander, ou na ES86 2080 5294 7331 1000 5079 de Abanca, ata o día 23 de maio inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: RUTA BTT e o NOME da persoa solicitante.
Enviar por correo electrónico (concello.cortegada@eidolocal.es), a solictude de inscrición xunto co regardo bancario. Unha vez recibidos os datos será confirmada a súa inscrición ou ben por mail ou telefonicamente. O día 28 de maio deberá presentar os orixinais para a recollida dos dorsais.
A inscrición da dereito a un agasallo conmemorativo, avituallamento, comida, bebida e participar no sorteo de agasallos.
O prazo de inscrición será dende o 1 ao 23 de maio no Concello, ata un máximo de 350 participantes.
DORSAIS
Co boletín de inscrición cuberto e pagado, recollerase o dorsal.
Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Saída o día 28 ás 8:40 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ao tope de 300 participantes.
Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.
SEGURO
A BTT contará con seguro de Responsabilidade Civil, ademais de seguro por cada participante.