Andaina por terras de Cortegada

 

2021 - Domingo 31 de outubro
XIII CAMIÑADA POPULAR
ROTEIRO POR TERRAS DE CORTEGADA
Concello de Cortegada

 

Localización GPS da entrega de dorsais e saída (google maps)
Acceder á ubicación

 

SINOPSE DA ANDAINA

Saída ás 9:00 horas.
O punto de partida estará situado na rúa Bouza Brey (Inmediacións gasolineira) . Chégase dende Ourense pola A-52 ata Ribadavia logo dirección Francelos. Collemos a segunda entrada a Cortegada ata chegar ao centro da vila. Unha vez alí dirixímonos dirección Pontebarxas para entrega de dorsais.

 

Percorrido

Vaise realizar sobre dous tramos circulares de 22,380e 15,080 quilómetros.

Tramo A
Balneario - A Barca - Vao - A Eirexa - Seixomil - Refoxos- Muradelle - Pontetrado - Vilanova da Barca e Cortegada. Distancia: 22,380 qms.
Tramo B
Balneario - A Barca - Vao - A Eirexa - Seixomil e Cortegada. Distancia: 15,080 qms.

Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización. O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
O perfil da proba pode considerarse de dificultade Media.
4 Avituallamentos líquidos e sólidos.

 

Inscrición

Dende o 1 de outubro ao 27 de outubro no Concello e nas tendas de deporte, ata un máximo de 350 participantes.

Pode realizarse cumprimentando o boletín que lle achegamos e entregandoo:
En Ribadavia: Glotón (988 470 014).
En Ourense: Intersport Bouso (988 226 592), Redonet (988 222 692), Deportes Moncho (988 250 274).
No Concello de Cortegada:
Realizar o ingreso do importe da inscrición (10 €) na na conta ES38 0030 6073 2308 7000 0271 do Banco de Santander, ou na ES86 2080 5294 7331 1000 5079 de Abanca, ata o día 25 de outubroinclusive . No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita. Entregar o boletín cuberto no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso, por mail (concello.cortegada@eidolocal.es), neste caso deberá agardar confirmación da reserva por parte do Concello, por correo electrónico, por fax ou por teléfono.
O prezo da inscrición será de 10 € e dará dereito a un agasallo conmemorativo, avituallamento, comida e bebida.

 

Dorsais

Co boletín de inscrición cuberto e pagado, recollerase o dorsal.
Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Saída o día 31 ás 8:40 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ao tope de 350 participantes.
Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

 

Responsabilidades

A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

 

Premios

Tódolos participantes terán dereito a un agasallo conmemorativo.
Haberá sorteo agasallos entre tódolos participantes.