Taxa por entrada de vehículos (vaos)
Taxa por entrada de vehículos desde a vía pública, reservas de espazo para aparcamento, cargas, descargas e outras actividades particulares.
FEITO IMPOÑIBLE:
Constitúen o feito impoñible desta taxa a utilización privativa ou o aproveitamento especial das vías municipais, nos casos seguintes:
a) Entradas de vehículos en edificios, soares, fábricas, talleres e en xeral, en inmobles de calquera destino, realizada a través de terreos destinados ao uso público, xa teñan licenza de vao permanente, laboral ou nocturno.
b) Reservas permanentes para actividades distintas do acceso a inmobles.
c) Reservas de carácter temporal para diversas actividades de comercio, construción, servizos e subministracións.
OBRIGADO TRIBUTARIO:
Quen utilice ou aproveite as entradas ou reservas.
Cando se solicite licenza para a utilización ou aproveitamento, entenderase que ten a condición de suxeito pasivo o solicitante ou a persoa ou entidade que represente.
Se o aproveitamento se realizase sen obter licenza, considérase que ten a condición de suxeito pasivo o propietario do inmoble ou da empresa que utilizase a entrada ou reserva.
TARIFA DA TAXA:
Tarifa anual pola taxa por entrada de vehículos 25,00 €
