Taxas por servizos
O Concello regula e xestiona diversas taxas municipais que contribúen ao mantemento e mellora dos servizos públicos.
A continuación, detallamos as principais taxas aplicadas:
A Deputación Provincial de Ourense aprobou a Ordenanza fiscal reguladora da taxa provincial pola prestación do servizo intermunicipal delegado de recollida, transporte e tratamento de reiduos de competencia local, fixando as seguintes cuotas por vivenda:
Taxa pola recollida do lixo
| TIPO DE TARIFA | IMPORTE ANUAL | BONIFICACIÓN | MOTIVO DA BONIFICACIÓN |
| TARIFA BASE | 79,95 € | - | - |
| TARIFA REDUCIDA 1 | 55,95 € | 30 % | Realización compostaxe doméstica. |
| TARIFA REDUCIDA 2 | 71,94 € | 10 % | Uso do Punto Limpo en dúas ocasións, no ano en curso. |
| TARIFA REDUCIDA 3 | 47,96 € | 40 % | Por compostaxe e uso do Punto Limpo no ano en curso. |
* Os puntos limpos máis pretos serían:
- O Carballiño: Ctra. Carballiño-Cea, Km. 22,5 - 32510 - O Carballiño (Ourense) (Mancomidade do Carballiño).
Os veciños de Cortegada poderán SOLICITAR a redución de ditas taxas de xeito presencial no Concello de Cortegada ou na Deputación de Ourense, cubrindo unha declaración Responsable, ou ben a través da sede electrónica da deputación. O modelo está disponible nas oficinas deste concello ou na páxina web da Deputación de Ourense, sede electrónica, todos os trámites, páxina 3, “solicitude de aplicación da taxa provincial reducida pola prestación do servizo intermunicipal delegado de recollida de residuos de competencialocal”
PRAZO: Ata o 28/02/2027 (para que se poida aplicar o desconto no recibo deste ano). As Solicitudes que se realicen dende o 1 de marzo ata o 31 de decembro aplicaraselle o desconto no 2027.
-
Enlace ao trámite
acceder
• ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLA RECOLLIDA DE LIXO.
Taxa pola rede de sumidoiros
| TIPO DE TARIFA |
| VIVENDAS UNIFAMILIARES |
| LOCAIS COMERCIAIS |
| IMPORTE |
| 70,00 € |
| 100,00 € |
