GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Imposto sobre o incremento do valor dos terreos


FEITO IMPOÑIBLE:

O Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía) é un imposto municipal directo e de carácter potestativo que grava a transmisión de calquera dereito real de gozo limitativo do dominio dun terreo de natureza urbana.

 

FEITO IMPOÑIBLE:

O feito impoñible está constituído polo simple exercicio, en territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, exérzanse ou non nun local determinado e estean ou non especificadas nas tarifas do imposto.

 

OBRIGADO TRIBUTARIO:

Nas transmisións de terreos a título lucrativo (sucesión mortis causa, doazón, achega), é obrigado tributario o adquirente do terreo. En caso de transmisións a título oneroso (compravenda, permuta), o suxeito pasivo será o que transmita o terreo.

 

TARIFAS DO IMPOSTO:

O Concello de Cortegada NON ten adoptado acordo ningún polo Pleno de aprobación da imposición e ordenación xeral do Imposto sobre o Incremento de valor dos Terreos de Natureza Urbana, non sendo esixible polo tanto o dito imposto neste Concello.