Imposto sobre construcións, instalacións e obras
Este imposto grava a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable ou, se é o caso, a obtención da correspondente licenza de obras.
FEITO IMPOÑIBLE:
Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización das seguintes obras:
- Obras de nova planta ou de demolición
- Obras no exterior ou interior de edificios
- Aliñacións e rasantes
- Fontanería e rede de sumidoiros
- En xeral, calquera obra que requira presentación de comunicación previa, declaración responsable ou licenza urbanística
OBRIGADO TRIBUTARIO:
Son obrigados tributarios deste imposto as persoas físicas ou xurídicas que sexan donos da obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice esta. No caso de que a obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de substitutos del quen presente unha comunicación previa ou responsable ou, se é o caso, soliciten as correspondentes licenzas.
TARIFAS DO IMPOSTO:
A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame. A base impoñible está constituída polo custo real e efectivo da obra, e enténdese por este o custo de execución material. O tipo de gravame será o 2%.
NORMATIVA LEGAL:
Obras |
|
| LIQUIDACIÓN | |
| OBRAS - PAGAMENTO DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS (ICIO) | 2 % |
| APERTURA DE ESTABLECEMENTOS | 30,05 € |
| AUTOLIQUIDACIÓN TAXA POR CONCESIÓN DE LICENZAS E OUTROS SERVIZOS URBANÍSTICOS | |
| LICENZAS DE OBRA MENOR CUN ORZAMENTO DE EXECUCIÓN MATERIAL DE ATA 3.000 € | 15,60 € |
| LICENZAS DE OBRA MENOR CUN ORZAMENTO DE EXCUCIÓN MATERIAL IGUAL OU SUPERIOR A 3.000,01 € | 36,40 € |
| LICENZAS DE OBRA MAIOR | 52,00 € |
| LICENZAS DE DEMOLICIÓN | 36,40 € |
| LICENZAS DE PARCELAMENTO, SEGREGACIÓN, DIVISIÓN OU AGREGACIÓN | 36,40 € |
| LICENZAS DE PRIMEIRA OCUPACIÓN | 36,40 € |
| INFORMES URBANÍSTICOS | 20,80 € |
| CERTIFICACIÓNS URBANÍSTICAS | 20,80 € |
| TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTE ADMINISTRATIVO DECLARACIÓN DE INCURSIÓN EN SITUACIÓN DE FORA DE ORDEACIÓN | 62,40 € |
