Imposto de Actividades Económicas (IAE)
O Imposto sobre Actividades Económicas é un tributo directo de carácter real, de cobro periódico e obrigatorio para os entes locais.
FEITO IMPOÑIBLE:
O feito impoñible está constituído polo simple exercicio, en territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, exérzanse ou non nun local determinado e estean ou non especificadas nas tarifas do imposto.
OBRIGADO TRIBUTARIO:
As persoas xurídicas, as herdanzas xacentes, as comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptibles de imposición que realicen no territorio nacional actividades económicas, sempre que o importe neto de cifra de negocios superar a cantidade de 1.000.000 €.
