GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

O meu pago


O meu pago é un servizo que a través de distintos medios (presencial e electrónicos) permítelle pagar os recibos do Imposto de Bens Inmobles (I.B.I), Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (I.V.T.M.), Lixo, Sumidoiros, Vado e Auga relacionados con esta administración.

 

En que consiste

Pode realizar o pagamento dos seus recibos de maneira presencial ou telemática (opción recomendada). O Concello pon á súa disposición as ferramentas necesarias para que poida efectuar o pagamento sen desprazamentos.

 

Canles de pagamento

 

 

PRESENCIAL

Que se necesita?

Para poder realizar o pagamento é necesario que dispoña do documento de ingreso co código de barras. Recibos do Imposto de Bens Inmobles (I.B.I), Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (I.V.T.M.), Lixo, Sumidoiros, Vado, Auga e Imposto de Actividades Económicas (I.A.E.)

 

Como se fai?

En oficina bancaria

En calquera oficina de ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, BBVA E CAIXABANK. (No seu horario de apertura ao público)

 

Excepcións:

Débeda en período executivo: no caso de débedas en período executivo se se realizase o pagamento por entidade financeira unicamente poderá realizarse en ABANCA.

 

En caixeiros automáticos

Na entidade ABANCA.

 

En caixa municipal

O pagamento na caixa poderá facerse en metálico nas oficinas municipais, información 988 483 001

TELEMÁTICO

Que se necesita?

Esta é a opción máis recomendada posto que non hai limitación polo tipo de ingreso, podendo realizar o pagamento de calquera débeda e con tarxeta de calquera entidade bancaria, sen custo, evitando desprazamentos. Para poder realizar o pagamento é necesario contar co documento de ingreso co código de barras.

 

Como se fai?

Desde o computador

Sen certificado dixital: Poderase pagar con tarxetas de calquera entidade bancaria, a través das pasarelas de pagamento de ABANCA sen custo.

 

Pasarela para o pago de tributos

Pago de recibos e tributos

(ABANCA Entidad colaboradora)

acceder

 

 

Oficina de recadación

Deputación Provincial de Ourense
  • 988 317 720 - 988 317 724

 

Correo electrónico: recaudacion@depourense.gal