Portada  Turismo  O VIÑO

O VIÑO DO RIBEIRO

Imaxe panorámica de Meréns

O noso viño do Ribeiro
É unha das denominacións de orixe mais antigas existentes en españa. A nosa zona de producción atópase na zoa occidental da provincia de Ourense, sendo a producción de viños blancos e tintos a mais abundante.

"O Ribeiro" herdeiros dunha fama e unha tradición xa milenaria, os viños do Ribeiro asentanse sobre unha superficie aproximada de 3.000 hectáreas, situadas nas ladeiras que confluyen en los ríos Miño, Avia, Arnoya e Deva, ubicados na zona occidental da provincia de Ourense. As condicións estructurais climáticas da zoa, impoñen un esmero e uns esfuerzos na súa producción, que a duras penas admiten parangón con calquer outro cultivo en tódala xeografía española.

Sen embargo ben merece a pena todo o desvelo para conseguir uns viños que, en acertada expresión dun coñecido autor, merecen con xustiza os calificativos de crípticos, míticos e poéticos

Esperados sempre coa a expectación inherente dunha fama xa lexendaria, os viños do Ribeiro son xóvenes, moderadamente ácidos, lixeiros, gráciles e con combinacións de exquisitos aromas afrutados e florais que case sempre resultan sorprendentes.

Cando se elaboran coas variedades autóctonas tradicionais (Treixadura, Torrontés, Loureira, Albarino, Caiño, Brancellao, Sousón,...) poseen unha acusada personalidade que os fai incomparables.

Beber un "bon viño do Ribeiro", como o denominaba Alfonso X o sabio, e beber parte da historia,   da   tradición   e   ata   da   lenda  dunha Galicia   misteriosa, subiugante, poética e sorpresiva.
Os viños do Ribeiro experimentaron nos últimos anos un notable incremento na súa calidade e presentación, posto que todos elos saen o mercado limpos e transparentes, capaces de conquistar posicions de élite, e sen dúbida corresponden a os mais afamados viños galego.

Presidente: Luís Anxo Rodríguez Vázquez
Salgado Moscoso, 11
32400 Ribadavia - Ourense
Tlf: 988 47 72 00 - Fax: 988 47 72 01
Enlace web: *www.ribeiro.es*
E-mail: info@ribeiro.es

ADEGAS NO MUNICIPIO