GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

ROTEIRO POR TERRAS DE CORTEGADA


 

Descripción

A Rota principal comeza no Balneario Vello de Cortegada que foi lugar de baños termais dende a romanización. Comezamos seguindo o camiño a carón do encoro, augas arriba, ata chegar A Barca, aldea abandonada que antano foi centro de comunicación por onde pasaba o camiño Real a Castilla. Neste lugar debemos destacar a existencia dun bosque de loureiro. Continuando a senda chegamos ao Vao, para seguir camiñando por un tramo de subida entre carballos e sobreiras ata a igrexa de San Bieito. Continuamos ata a localidade de Seixomil. Dende aquí cambia a paisaxe tomando protagonismo os piñeirais ata chegar a Refoxos. Seguidamente dirxímonos cara a igrexa de Valongo, novamente entre fermosas carballeiras que motivan a continuar o camiño. A seguinte localidade é a Ponte Trado. A partir de aquí o camiño lévanos cara Vilanova da Barca, entre bosques autóctonos a beira do río Miño, deleitándonos coa máxica paisaxe que conforman. Máis adiante de Vilanova atopámonos co miradoiro de Coto da Pena, dende onde podemos gozar dunhas magníficas vistas do río, para xa en poucos metros chegar novamente ao Balneario Vello, lugar de partida.


A Variante desta ruta principal parte próxima a Seixomil, xunto á estrada que vai de Cortegada a Celanova. Dende aquí por corredoiras e camiños, pasaremos pola capela de Santa Mariña, por Soutelo e Louredo onde se atopa o Pazo dos Puga. Os bosques de piñeiro marcan a senda ata Meréns, onde atopamos no centro da localidade, o afamado Escudo Heráldico de Meréns. Dende Meréns a ruta volve novamente a enlazar coa ruta principal, moi preto a O Vao.

 

 

Rota principal

21,8 Kilómetros

21,8 Km

MIDE - Método de Información de Excursións

Tempo estimado segundo MIDE - 7h 30 min

Desnivel Subida - 1002 m

Desnivel Baixada - 1002 m

Distancia Horizontal -21,8 km

Tipo de Percorrido - Circular

Medio - Severidade do medio natural

Itinerario - Dificultade de orientarse no itinerario - 1

Desprazamento - 2

Dificultade no desprazamento - 2

Esforzo - Cantidade de esforzo necesario - 4

 

Enlace wikiloc

acceder

Variante

8,43 Kilómetros

8,43 Km

MIDE - Método de Información de Excursións

Tempo estimado segundo MIDE - 3h

Desnivel Subida - 3 h

Desnivel Baixada - 485 m

Distancia Horizontal - 343 m

Tipo de Percorrido - Travesía

Medio - Severidade do medio natural

Itinerario - Dificultade de orientarse no itinerario - 1

Desprazamento - 2

Dificultade no desprazamento - 2

Esforzo - Cantidade de esforzo necesario - 2

 

Enlace wikiloc

acceder