GAL | ESP

Horario: 9:00 a 14:00 | Contacta

 

Exención de I.V.T.M. para persoas con discapacidade


    FC003A

    Procedemento dirixido a: Cidadáns
    Trámite aberto todo o ano

     

    Tramitación electrónica

    Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.             
    TRAMITAR

     

    Presencialmente

    Prema no botón para descargar o formulario.
    descargar
    Liberación da obriga de pago do 100% da cota do imposto.

  • Aplicación

1. A exención non resultará aplicable ós suxeitos pasivos beneficiarios das mesmas por máis dun vehículo simultáneamente.

2. A xestión, liquidación, inspección e recadación deste imposto corresponde ao Concello de Cortegada sempre que o domicilio que conste no permiso de circulación do vehículo pertenza ao termo municipal.

 

Periódo de vixencia

1. As exencións por certificado do INSS deben renovarse anualmente.

2. As exencións por certificado da Xunta de Galicia caducarán na primeira das seguintes datas:

      a) Data fin da discapacidade.

      b) Fin de vixencia do permiso de condución.

Salvo oposición expresa, unha vez concedida unha exención para un vehículo, a renovación realizarase de xeito automático previa consulta de datos de discapacidade ou validez do permiso de condución. Se tras a consulta de datos, non se cumpren as condicións esixidas, darase por finalizado este beneficio fiscal.

 

A quen está dirixido

  • Os vehículos matriculados a nome de discapacitados para o seu uso exclusivo, aplicándose a exención, en tanto se manteñan ditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte. Presúmese que o vehículo é conducido por persoa con discapacidade cando esta última conste como condutor/a habitual e único na póliza do seguro do vehículo e posúa permiso ou licenza de condución (carné de conducir) en vigor.

     

    Entenderase tamén “uso exclusivo” se a persoa discapacitada precisa de axuda de terceiras persoas para o seu desprazamento e así consta no certificado de discapacidade (neste caso, poderá constar na póliza do seguro como condutor/a habitual outra persoa).

 

Documentación requerida

  • Certificado de discapacidade
    Pode ser: a) Xunta de Galicia. b) INSS (gran invalidez, permanente, permanente total e absoluta).
  • Carné de Conducir
    Vixente, da persoa conductora.
  • Permiso de Circulación do Vehículo
    No que conste a persoa discapacitada como propietaria exclusiva.
  • Póliza de Seguro del Vehículo
    Vixente asinada polo tomador e pola aseguradora.
  • Recibo de pagamento do seguro en vigor
    que conteña: a) Número da póliza. b) Matrícula do vehículo. c) Data de vixencia do seguro.
  • Recibo de pagamento do IVTM do ano en curso

 

Normativa aplicable

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.