Cambio de domicilio vehículo na Dirección Xeral de Tráfico (DXT)
Cando se cambia de residencia é obrigatorio comunicar á DXT a nova dirección, para constancia tanto no permiso de circulación como no de conducir, ou tamén o cambio de domicilio do vehículo.
A quen está dirixido
- As persoas físicas empadroadas en Cortegada, que sexan titulares e/o cotitulares de permiso de circulación e/o permiso de condución
Documentación requerida
- Persoas físicas: estar empadroado no municipio.
- Persoas xurídicas: constar un domicilio de Cortegada no C.I.F
- Anexo II, no caso de presentación electrónica.
CAMBIO DE DOMICILIO:
- Orixinal permiso de circulación e fotocopia.
- Orixinal e fotocopia da documentación do titular que conste no permiso de circulación do vehículo, é dicir DNI, tarxeta de residencia ou número de identificación de estranxeiro con pasaporte do país.
SOBRE O PERMISO DE CONDUCIÓN:
Cambio de domicilio: orixinal e fotocopia do carné de conducir e da documentación do titular que conste no carné. DNI, tarxeta de residencia ou número de identificación de estranxeiro con pasaporte do país.
NOTA: SE OPTA POLO CAMBIO DE DOMICILIO NO PERMISO DE CONDUCIÓN E NO DE CIRCULACIÓN DO D.N.I. SÓ DEBE ENTREGAR UNHA FOTOCOPIA.
Trámite
De balde
Normativa aplicable
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
- Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria
- Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación

