Portada  Trámites Contratación

MOD.V1 - Cambio de domicilio de vehículo na Xefatura de Tráfico

Forma de presentación

Tramitación en liña                                                        Presencial 

                                                                  


Datos solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Trámite: Gratuito

  1. Estar empadroado no Municipio. No caso de cotitularidad, o empadroado deberá ser o que aparece como primer titular. No caso contrario deberá acudir á Xefatura de Tráfico. 
  2. Cando haxa cotitulares deberán encher a solicitude cos datos dos titulares e asinala ámbolos dous.
  3. Documentación orixinal e en vigor do titular/é do vehículo: DNI, permiso de condución español, tarxeta de residencia, pasaporte ou pasaporte máis o número de identificación de estranxeiros. En caso de estar representado, ademais do orixinal anterior, deberá achegar autorización do titular a favor do representante para realizar o trámite, xunto co orginal do documento da persoa autorizada.
  4. Se o titular é un menor, a solicitude deberá ir asinada por el e polo seu pai, nai ou titor legal, e deberase presentar a documentación citada anteriormente de ambos os dous, así como documento que acredite o concepto polo que actúa, libro de familia en caso de pais ou documento de tutela no resto..
  5. Orixinal do Permiso de circulación.
  6. Para persoas xurídicas: Deberán realizar o trámite na Xefatura de Tráfico.

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto no teléfono 988 483 001 ou enviando un correo a concello.cortegada@eidolocal.es


Casa do Concello
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegad

En virtude do Convenio de colaboración subscrito polo Concello de Cortegada coa Xefatura Provincial de Tráfico, poderá solicitar a actualización do domicilio do permiso de circulación e a licenza de condución na base de datos da Xefatura de Tráfico ou bién un duplicado do permiso de circulación se figura o domicilio antigo no permiso anterior.

Convenio de Colaboración entre a Xefatura Provincial de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias.