Portada  Trámites Contratación

MOD.V7 - Tarxetas de estacionamento e accesibilidade para minusválidos.

Forma de presentación

Tramitación en liña                                                        Presencial 

                                                                  


Datos solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Prazo de resolución: 90 días
Trámite: Gratuito

  1. Impreso normalizado.
  2. Copia do DNI do solicitante, ou do representante e documentación acreditativa da representación que ostenta. No caso de comisións de festas, presentarase documento acreditativo do nomeamento por dita comisión.
  3. Certificado emitido polos equipos de valoración (EVO) da Xunta de Galicia, ou da Segurade Social.
  4. Xustificante do pago do último recibo do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) do vehículo a utilizar pola persoa minusválida.
  5. 1 fotografía tamaña cane.

As tarxetas de estacionamento, teran unha validez de 10 anos, sempre que o certificado de minusvalia, sexa definitivo, si pola contra o certificado de minusvalia é temporal a validez é polo tempo do certificado.

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto no teléfono 988 483 001 ou enviando un correo a concello.cortegada@eidolocal.es


Casa do Concello
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegad

Este procedemento ten como obxecto facilitar a tarxeta de estacionamento aos veciños do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter personal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso e goce dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas coa mesma.

Dirixido a persoas físicas que, atopándose legalmente en situación de mobilidade reducida/minusvalía, e estando empadroadas no municipio, desexen solicitar unha tarxeta de estacionamento e accesibilidade.

  • Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das Administraciones Públicas e do procedemento administrativo común.
  • Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Lei 11/2007 de Acceso dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través de Internet, coa Administración Pública.
  • Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.
  • Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.