Portada  Trámites Contratación

MOD.V6 - Autoliquidación, declaración de alta no I.V.T.M.

Forma de presentación

Tramitación en liña NO                                                  Presencial 

                                                                  


Datos solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Trámite: Gratuito

Presencial:

  1. Cubrir a solicitude formalizada.
  2. Copia do DNI do solicitante, ou do representante e documentación acreditativa da representación que ostenta. No caso de comisións de festas, presentarase documento acreditativo do nomeamento por dita comisión.
  3. Certificado das características técnicas do vehículo ou do certificado da súa fabricación.
  4. Documentación acreditativa do beneficio fiscal solicitado, no seu caso.
  5. Liquidar o imposto correspondente.

Via mail:

  1. Cubrir a solicitude formalizada.
  2. Liquidar o imposoto correspondente.
  3. Enviar por mail:
    1. Solicitude
    2. Copia do DNI do solicitante, ou do representante e documentación acreditativa da representación que ostenta. No caso de comisións de festas, presentarase documento acreditativo do nomeamento por dita comisión.
    3. Certificado das características técnicas do vehículo ou do certificado da súa fabricación.
    4. Documentación acreditativa do beneficio fiscal solicitado, no seu caso.
  4. Unha vez cotexada a documentación polo técnico muncipal enviarase a FICHA DE ALTA polo mesmo medio.

Autoliquidación: As instrucións son as seguintes:

  • Unidades Fiscais:
    • Nos turismos e vehículos de tres rodas, consignarase a potencia fiscal expresada con dous decimais.
    • Nos autobuses e autocares farase constar o número de prazas autorizado que figure no Certificado de Características Técnicas.
    • No caso de camións, autocaravana, furgóns, furgonetas, vehículos mixtos, derivados de turismos e remolques e semiremolques (de mais de 750 Kg de carga útil), deberase consignar a carga útil do vehículo de acordo coa seguinte fórmula: Carga útil = MMA (Masa Máxima Autorizada) -TARA.
    • Nos tractores e vehículos especiais consignarase a potencia fiscal que figura no Certificado de Características Técnicas.
    • Nos ciclomotores, motocicletas, motocarros e cuatriciclos lixeiros consignarase os centímetros cúbicos da cilindrada que figure no Certificado de Características Técnicas.
  • Beneficios fiscais: Deberase consignar o beneficio fiscal invocado e a cantidade deducida. Os beneficios fiscais veñen recollidos na Ordenanza Fiscal Municipal.
  • Cota Anual e Cota íntegra: A autoliquidación asignará a tarifa anual que corresponde ao seu modelo de vehículo e a cota tributaria íntegra en función dos trimestres liquidables.
  • Número de trimestres liquidables: Corresponderá, segundo a data de matriculación ou rehabilitación do vehículo na Xefatura Provincial de Tráfico, de acordo co seguinte:
    • Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo, deberanse liquidar 4 trimestres.
    • Do 1 de abril ao 30 de xuño, deberanse liquidar 3 trimestres.
    • Do 1 de xullo ao 30 de setembro, deberanse liquidar 2 trimestres.
    • Do 1 de outubro ao 31 de decembro deberase, liquidar 1 trimestre.
  • Total a ingresar: Será o importe que resulte de restar á cota íntegra os beneficios fiscais aplicables, no seu caso.

Este trámite permite realizar o pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) por primeira vez (nova alta).
O pago deste imposto é imprescindible para matricular un novo vehículo e dalo de alta na Xefatura Provincial de Tráfico.
Se o vehículo estivera de baixa e agora quere volver a dalo de alta é necesario facer a autoliquidación como se fose unha alta nova e pagar os trimestres correspondentes.

  • Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria.
  • Real Decreto 1065/2007, de 27 de julio, por el que se aprueba el Reglamento General de las actuaciones y los procedimientos de gestión e inspección tributaria y de desarrollo de las normas comunes de los procedimientos de aplicación de los tributos.
  • Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales.