SIA847296 - Declaración Responsable ou Comunicación en Materia Urbanística


   Aberto todo o ano

 

Obxecto

A comunicación previa é o documento polo cal as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos exixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 69.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

 

Non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade senón un medio para que a administración coñeza a existencia da dita actividade e posibilitar o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas. O control municipal prodúcese con posterioridade ao inicio da actividade. A existencia de inexactitudes, falsidades ou deficiencias no local determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade.

 

Comunicación previa para obras menores (Non válida para Edificios Catalogados)

Son obras menores as caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica que lles exime da necesidade de documentación técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza. Inclúense neste concepto as obras enumeradas na seguinte relación:

  1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e solares:
    • Limpeza e roza interior de parcelas e solares, sen movementos de terras nin tala de arboredo
    • Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
  2. Mantemento de fachadas dos edificios:
    • Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canlóns, baixantes e varandas)
    • Limpeza e pintado de fachadas.
    • Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
  3. Mantemento de cubertas dos edificios:
    • Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
  4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
    • Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local ( auga, gas, electricidade, desaugadoiros ou similar)
    • Novas instalacións non encastadas en elementos estruturais ( vigas, piares, paredes mestras, etc.)
    • Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)
  5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
    • En paredes, solos e falsos teitos.
    • Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.

A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

O resto das obras menores nas que é necesario achegar documentación técnica tramitaranse tamén polo procedemento de comunicación previa descrito no apartado seguinte.

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

SOLICITUDE PRESENCIAL TRAMITAR EN LIÑA
Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello de Cortegada. Prema para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

   Descargar solicitude

   Procesamento electrónico

 

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO TODO O ANO

Documentación para a presentación

1a.- Datos identificativos do solicitante:
Persoas físicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces). (do solicitante e do representante)
Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente adevandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Persoas xurídicas:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do representante e documentación acreditativa da representación.
Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula asúa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica deque se trate.
Comunidade de Propietarios:
DNI (ou documento que faga as súas veces) do presidente. No caso de que a solicitude a realice o administrador daComunidade, DNI do administrador e documento que acredite debidamente a súa representación (autorizaciónexpresa, poder notarial ou declaración responsable).
Ademais acta do nomeamento do presidente ou acta da reunión de propietarios acordando a realización das obras.


Documentación complementaria

Coa solicitude inicial deberase achegar a seguinte documentación:

1b.- Taxa de autoliquidación por concesión de licenzas e outros servizos urbanísticos

1c.- Liquidación do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO)

1d.- Plano de situación e localización a escala mínima 1:200 e 1:500 respectivamente.

1e.- Presuposto desglosado da obra ou actuación a realizar.
1f.- Reportaxe fotográfica da fachada da edificación e da zona da obra subscrita pola persoa solicitante.
1g.- Nos casos de obras en fachadas que necesiten andamios: Certificado de técnico/a competente no que se indique que acolocación dos andamios se fai baixo a súa dirección e que reunirán as debidas condicións de seguridade unha vezinstalados.
1h.- Copia das autorizacións e informes sectoriais preceptivos,e manifestación expresa de que conta cos necesarios.

1i. - No caso de presentar documentación técnica: Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico competenteno que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite quenon está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

 

Prazo de resolución:

15 días

Sentido do silencio:

Positivo


Procedementos e servizos relacionados