Portada  Trámites Comunicación previa

MOD.U1 - Comunicación previa de inicio de obra ou uso solo

Forma de presentación

Tramitación en liña                                                        Presencial 

                                                                  


Datos solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Prazo de resolución: 15 días
Sentido do silencio administrativo: Positivo
Trámite: Antes de presentar a solicitde deberá pagar os tributos

  1. Instancia cos datos persoais de identificación e dirección a efectos de notificacións coa declaración de que as obras non afectan a fachada ou outros elementos estructurales, nin supoñen cambios nas aberturas, paredes e teitos, nin modifican a distribución interior do edificio.
  2. Declaración, asinada polo solicitante e, se é o caso, o técnico ou profesional interviniente, de que os datos e documentos achegados son fiel reflexo da actividade e/ou obra que se pretende e do estrito cumprimento da legalidade vixente e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
  3. Fotocopia do NIF ou do DNI.
  4. Acreditación de representación, no seu caso, tanto a título particular legal, como profesional.
  5. Dirección da obra ou actividade a realizar.
  6. Xustificante bancario de pago da autoliquidación dos tributos aplicables.
  7. Plano de situación da leira ou local, do vixente Plan Xeral, e do catastro con indicación da mesma.
  8. Descrición suficiente das características do acto de que se trate.
  9. De ser o caso, proxecto técnico exixible legalmente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación.
  10. Copia das restantes autorizacións e, de ser o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente exixibles ao solicitante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento.
  11. Documento de avaliación ambiental, en caso de requirila o uso a que vaian destinadas as obras.
  12. Copia da autorización ou ditame ambiental, así como das restantes autorizacións, concesións ou informes sectoriais cando sexan legalmente exixibles
  13. Na medida en que a obra comporta unha actividade acompáñase a documentación prevista no artigo 6 da Ordenanza municipal reguladora das actuacións sometidas ao réxime de comunicación previa

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto no teléfono 988 483 001 ou enviando un correo a concello.cortegada@eidolocal.es


Casa do Concello
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegad

Son obras menores as caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica que lles exime da necesidade de documentación técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza. Inclúense neste concepto as obras enumeradas na seguinte relación:

  1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e solares:
    Limpeza e desbroce interior de parcelas e solares, sen movementos de terras nin corta de arboredo.
    Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
  2. Mantemento de fachadas dos edificios:
    Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta (canalóns, baixantes e varandas)
    Limpeza e pintado de fachadas.
    Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
  3. Mantemento de cubertas dos edificios:
    Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
  4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
    Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local (auga, gas, electricidade ou similar)
    Novas instalacións non encaixadas en elementos estruturais (vigas, pilares, paredes mestras, etc.)
    Mantemento de instalacións comúns do edificio (ascensor, caldeiras, etc.)
  5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
    En paredes, solos e falsos teitos.
    Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.

    A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

    Se a obra require informe da Conselleria de Cultura ou outra administración con carácter previo a presentación da comunicación deberá solicitar o informe preceptivo.

    O resto das obras menores nas que é necesario achegar documentación técnica tramitaranse tamén polo procedemento de comunicación previa.

    En edificios catalogados ou declarados BIC todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.